- Colección:
- < Xenérica >
SES. TRONZAR OS VALOS
Tronzar os valos
1. Sentir Sen Pensar
2. Como eu canto
3. 2000 Anos Máis
4. Tronzar Os Valos
5. Novas Ganas de Soñar
6. Baixo o Cemento
7. Máis Que Quimera
8. Humanamente
9. Opio Barato
10. Iconoclasta
11. Un pensamento
12. Un xeito de borrarte
Novo traballo da artista galega máis relevante do momento: SES, unha cantautora que viste as suas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos. TRONZAR OS VALOS reúne 12 novas cancións que van a supoñer o afianzamento e despegue definitivo da cantante con máis pegada do momento.
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
No ano 2011 editou o seu primeiro traballo, Admirando a Condición, en 2013 o seu segunto Co xenio destrozado e na actualidade está a presentar o seu terceiro disco Tronzar os Valos un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.