- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-18136-03-0
- Páginas:
- 120
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
A ESTRADA ROMÁNICA
LUNA SANMARTÍN, XOSÉ
O románico é a arte que mellor nos define como estradenses e como galegos; as parroquias do concello da Estrada son falando en termos industriais, unhas das máis grandes fábricas de arte románica de Galicia.
Neste libro pódense descubrir o traballo que os mestres canteiros esculpiron en distintas parroquias estradenses, Moreira, Ouzande, Tabeirós, Lagartóns... auténticas xoias románicas cunha importancia estraordinaria.
Os beneficios de percorrer A Estrada Románica serían en primeiro lugar: coñecer, de primeira man, a historia dos nosos devanceiros, a nosa propia historia; e en segundo lugar: ter a oportunidade de poder "vender" as nosas igrexas como un ben de consumo cultural.
O obxectivo deste traballo é o de divulgar a orixinalidade, a calidade e a grande cantidade de igrexas románicas existentes no concello da Estrada; para elo botamos man das obras dun grande elenco de especialistas: Bango Torviso, Bouza Brey, Neira Baloira, Hipólito de Sá...