- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-9865-600-8
- Páginas:
- 20
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Sonarbore
A GRAMOLA GOMINOLA
AUTORES VARIOS
A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia.
Pero tamén naceu entre lendas do rock vivas e galegas. Porque foi un dos seus integrantes, Paco Cerdeira (guitarra), quen se propuxo crear un grupo de rock diferente, para as pequenas e pequenos. Desa idea inicial pasou un tempo ata que volveu saír do caixón e se comezou a concretar con letras e música.
Así foi como se uniron primeiro Anxelo de Xermar (baixo), despois Paula Romero (voz) e Ro Muñoz (batería), tres dos integrantes que xa traballaran xuntos noutros grupos e proxectos. As ideas foron encaixando, os estilos, as personalidades de todos e cada un deles foron dándolle pouco a pouco forma a idea dunha banda de rock para cativos. Unha forma que decidiron chamar Gramola Gominola e coa que prenteden levarnos ata os recunchos máis especiais da música.