- Editorial:
- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19679-55-0
- Páginas:
- 181
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Divulgación
A LONGA MARCHA DA XEOMETRÍA
DA ANTIGÜIDADE A RIEMANN, CON PARADA EN EUCLIDES
MASA VÁZQUEZ, XOSÉ M.
Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta é unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas... Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeométricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no século XIX. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.