- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-9151-242-4
- Páginas:
- 52
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
ALBA DE GLORIA
CASTELAO
É moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixe ver o pasado para proveito do futuro, como unha boa experiencia
O texto de Alba de gloria que ofrecemos reproduce o do discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948, texto do que se coñecen diversas variantes, a primeira delas a publicada naquela altura no número 463 de A Nosa Terra. A nosa edición recupera a que se ofrece no volume IV das Obras de Castelao (ao coidado de Henrique Monteagudo, Galaxia, 2000) e que se basea tanto nas versións xa publicadas como nos mecanoscritos, ata entón inéditos, custodiados no Museo de Pontevedra. A nosa intervención limitouse a limpalo de grallas e retocar miúdos pormenores lingüísticos. Non obstante, en coherencia co criterio divulgativo seguido no nome da exposición que este texto acompaña, actualizamos a forma groria do título orixinal.