- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Año de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-16456-50-5
- Páginas:
- 460
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
AMADA GARCÍA E OS SEUS ARREDORES
MAIZ, BERNARDO
Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico.
Ofrece este volume a visión dun tempo republicano que concluíu cando a xente do común como Amada García Rodríguez foi vítima dun "golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e os crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas" (Parlamento Galego, 18 de xullo de 2016).
Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, "do rastro que deixou", só o que acredita como verdadeiro, que non é o mais épico nin o máis tenro nin o máis tramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción.