- Editorial:
- EL PATITO EDITORIAL
- ISBN:
- 978-84-938225-0-7
- Páginas:
- 34
- Colección:
- < Xenérica >
CARAPUCHIÑA VERMELLA
POWELL, MARTIN
O guionista Martin Powell e o debuxante Víctor Rivas (Vigo, 1965) revisitan un auténtico clásico, que xorde na mente de calquera ao mencionar tan só cinco palabras: nena, avoa, bosque, flores e lobo. Procedente da tradición oral, o conto acadou gran popularidade e difusión a partir das versións de Perrault a quen se lle debe precisamente a incorporación da famosa carapucha e dos Grimm, ás que seguiron moitas outras, responsables en conxunto da súa lectura infantil.
Esta novidosa versión amosa a pericia de Powell ao adaptar coñecidas historias, e a versatilidade de Rivas e o seu coidado na creación de ambientes e personaxes.