- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA, EDITORA INDECISA
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-124562-6-4
- Páginas:
- 126
- Encuadernación:
- Rústica
CONTO AO CARÓN DO RÍO
AMANTEGI, OIHANE
Conto ao carón do río é o sorprendente debut na narrativa de Oihane Amantegi, unha nouvelle con feitura de conto traducida ao galego desde o éuscaro por Isaac Xubín.
Situada nun lugar remoto de Xeorxia, ao sur dos Estados Unidos, a autora constrúe neste libro un relato atemporal sobre a construción do recordo, o loito e as ausencias, atravesado pola ollada infantil dunha voz narrativa evocadora e persoal.
A familia e a casa, o mel e a colmea, o soño e a simetría ou as mitoloxías da morte son os vimbios que dan forma a un universo simbólico fértil e inquedante como a beira do río Ochlockonee, que asexa detrás de cada páxina e mergulla a quen le nunha atmosfera magnética.