- Editorial:
- FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-945714-8-0
- Páginas:
- 291
- Encuadernación:
- Rústica
CORRESPONDENCIA ENTRE MANUEL MARIA E XOSE NEIRA VILAS (1957-1997)
FERREIRO, MANUEL / FREIXEIRO MATO, X. RAMÓN
Manuel María (1929-2004) e Neira Vilas (1928-2015) son dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por idade, á mesma xeración, mais en canto o primeiro desenvolve a súa actividade literaria desde o interior da nación en tempos de ditadura e nas primeiras décadas do período posfranquista, o segundo faino fundamentalmente desde a Galiza emigrante, seguindo o pulso cultural do seu país a quilómetros de distancia. Aínda así, mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.