- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2008
- Materia
- Lectores iniciais, de 7 a 9 anos
- ISBN:
- 978-84-8302-893-3
- Páginas:
- 48
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- Merlín
DERRADEIRA CARTA AOS REIS MAGOS
CASALDERREY, FINA
Paulo, un neno de oito anos, vive nunha bufarda da rúa peonil máis céntrica da cidade. A súa nai traballa de caixeira nuns grandes almacéns e o seu pai foi despedido da fábrica de mobles onde traballaba como vernizador. Paulo percorre a súa rúa procurando os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. Con todo, o seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric precioso, que Paulo desexa como o seu agasallo preferido. Paulo convertérase naqueles días de Nadal no neno máis bo do Universo, pero algo aconteceu na mañá do día de Reis cando prendeu a luz, sentou na cama e? daquela baleirou toda a súa rabia na carta máis longa que nunca fixera na súa vida. Derradeira carta ós Reis Magos de Fina Casalderrey é un conto de nadal escrito ao estilo clásico, tan sinxelo e breve como intenso e conmovedor. O libro foi ilustrado fermosamente pola artista cubana Hoa-binh Melgar.