- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17824-07-5
- Páginas:
- 272
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
DETRÁS DOS PERDIDOS
RIELO, PEDRO
A piques de empezar o verán de 1986, Fran, un rapaz de 15 anos, vese obrigado a marchar á casa dos seus avós en Caldarcos, a aldea máis fría do mundo, o máis semellante que coñecía ao Oeste. El quere quedar en Pontevedra, xunto aos seus amigos, facendo surf e vendo a Carme, a rapaza máis desexada do instituto.
A pesar das súas constantes negativas e de ter claro que en Caldarcos non hai nada que facer, a Fran ábreselle un novo mundo no que coñecerá a unha rapaza cuspidiña á cantante Cyndi Lauper, a un cura que ten un aquel con don Vito, o xefe da mafia, a Fiúncho, un mozo desgairado... Pero sobre todo descubrirá o gran segredo da avoa: o Grupo dos Perdidos.