- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-17802-71-4
- Páginas:
- 414
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
DISCURSO CRÍTICO-BOTÁNICO SOBRE EL VEGETABLE GALLEGO SEIXEBRA
SARMIENTO, MARTÍN
O proxecto Obras de Martín Sarmiento do Consello da Cultura Galega fólgase en dar a lume o Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixebra tamén denominado polo autor Papel sobre el vegetable seixebra. Este texto, redactado en 1762, é a monografía máis extensa do autor sobre un aspecto concreto da historia natural, e constitúe un dos escritos máis sistemáticos, máis coidados e mellor rematados dos que saíron da súa prolífera pluma.
Como a maior parte dos estudos de Sarmiento sobre botánica, e en xeral sobre ciencias naturais, o discurso sobre a seixebra permaneceu inédito ata os nosos días. Xa hai anos o sarmentista José Santos Puerto deixou escrito que esta obra «está demandando una urgente edición, pues aquí existen importantes noticias para la historia de la ciencia botánica española».
Neste volume ofrécese o texto de Sarmiento precedido de cadanseu estudo de Henrique Monteagudo e María Álvarez Lires, e ilustrado polas notas de Xosé Antonio López Silva. A publicación desta obra debe servir para chamar a atención sobre os seus traballos botánicos, merecentes de maior recoñecemento e estudo dos que ata agora foron obxecto.