- Editorial:
- MINISTERIO DE CULTURA
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-17189-57-0
- Páginas:
- 224
- Encuadernación:
- Rústica
FINAL DE PELÍCULA / FINAL DE PELÍCULA
PERNAS CORA, GUSTAVO
En 2005, Gustavo Pernas Cora gañou por segunda vez o Premio Rafael Dieste de Teatro con Final de película, unha comedia dramática referida ao cine, como espazo e como obra artística.
Catro personaxes, na sesión matinal dun minicine, asisten á proxección dunha película alemá subtitulada que se interrompe cando se achega o clímax. Mentres agardan impacientes a que o acomodador arranxe a cinta, especulan sobre os posibles finais e interpretan a trama da película de xeitos moi diversos e contrastados. A aparición doutro personaxe, un inmigrante colombiano, que garda semellanzas co protagonista da película, desencadea os conflitos entre todos eles mesturándose cos da ficción.
Unha obra con aromas thriller, na que xorden cuestións como a falta de comunicación, a posición do individuo ante a sociedade e actitudes impregnadas de sexismo, xenofobia, racismo ou frustración.