0
HANSEL E GRETEL

HANSEL E GRETEL

MEROTO, TINA

16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2014
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-487-6
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Era unha vez unha parella de labregos moi pobres,
que tiñan dous fillos:
un neno, que se chamaba Hansel,
e unha nena, que se chamaba Gretel.
Unha terrible seca arruinara as súas colleitas
e, como non tiñan comida para pasar o inverno,
decidiron abandonar os nenos no bosque.


E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...


En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido.

Esta adaptación, baseada na primeira versión do conto, aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais.
Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia. Non estamos diante duns pais desalmados, pola contra, senten pena e remordimiento por verse na obriga de tomar unha decisión drástica que resulta ser errónea.

Neste conto, aparecen tamén os conceptos de perdón e de xenerosidade. Os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos Hansel e Gretel seus pais senón con todos os habitantes da rexión.

Grazas á astucia de Hansel e aos coñecementos que Gretel ten das propiedades das prantas, sen desfalecer diante da adversidade, son quen de superar os problemas e acabar coa bruxa.
En certo modo, Hansel e Gretel son os auxiliadores, como apunta a ilustradora Iratxe López de Munáin: “Trátase dunha viaxe iniciático no que os dous irmáns vense obrigados a enfrontarse a situacións hostís que lles fan medrar para converterse en salvadores da situación de miseria na que
vive a familia.”

Nas ilustracións, combina a técnica do gouache, que aporta planos de cor uniformes, cos lápices de cores, que ofrecen masas de textura. Ademais, utiliza unha paleta de cores concreta para recrear dous ambientes ben separados: os azuis, grises e amarelos para o bosque e os morados, vermellos e rosas para a bruxa. O branco xoga un papel importante para crear distintos planos nos que se desenvolve a escena, dentro dunha mesma imaxe.


Así, consegue plasmar dous mundos nos que calquera cousa pode acontecer, onde viven seres de todo tipo; algúns, agachados no bosque, acompañan os protagonistas na súa viaxe; outros, pola contra, observan todo o que pasa na casa da bruxa.

Precisamente, este personaxe foi o que máis chamou a atención da ilustradora: “Quería que tivese unha gran presenza e que contrastase coa aparencia doce dos nenos.” Ademais, engade outro personaxe: un can negro, o seu álter ego, que a acompaña nas súas emocións.


Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo Cociña de contos á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo: Europa á carta. Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.

Artículos relacionados

  • ¡LUCES, CÁMARAS Y MINIONS!
    ¡LUCES, CÁMARAS Y MINIONS!
    AUTORES VARIOS
    Luces, cámara, acción… y un monstruo viscoso que quiere ser famoso. ¡Nadie dijo que el cine fuera fácil!James ha decidido rodar una película de monstruos. Tiene cámara, tiene guion y tiene a Henry y Ed, que harán lo que puedan. Ninguno sabe muy bien en qué se han metido pero están ahí. El único problema es que no tienen monstruos. Así que hacen lo más lógico: abren un libro de ...
    En stock

    8,95 €

  • CON LUZ PROPIA
    CON LUZ PROPIA
    W. AMA
    ¡Conoce a Atria y descubre tu propia luz!Atria tiene once años, casi doce, y todas las vacaciones por delante. Vive en un pequeño pueblo, entre las montañas y el mar, donde casi nunca pasa nada.Sin embargo, pronto descubrirá que ese verano va a ser especial. Cuando recibe una llave diminuta y un encargo inesperado, comienza un tiempo lleno de aventuras, secretos y desafíos, qu...
    En stock

    14,96 €

  • NINA Y TITA
    NINA Y TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Una propuesta original y llena de humor que rompe los estereotipos sobre las abuelas.Nina y Tita son dos abuelas muy distintas a las que aparecen en los cuentos. No caminan con bastón ni se quedan en casa tejiendo: una siempre anda deprisa; hace dieta y va a la piscina; la otra se mueve en bicicleta; cocina a la parrilla y practica yoga. «¿Será entonces que los libros están equ...
    En stock

    14,50 €

  • SOBE, SOBE E SOBE
    SOBE, SOBE E SOBE
    JADOUL, ÉMILE
    Unha historia que une grandes e pequenos; un álbum ideal para compartir á hora de ir durmir.Tap; tap; tap! Primeiro chega o coelliño que sobe; sobe e sobe. Bam; bam; bam! Logo o pequeno crocodilo que sobe; sobe e sobe. Bum; bum; bum! Máis tarde o grande elefante; que sobe; sobe e sobe. Logo a ratiña e a ra; que quería facelo sen axuda. Todos soben; soben e soben pero… Onde irán...
    En stock

    16,00 €

  • NINA E TITA
    NINA E TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Unha proposta orixinal e chea de humor que rompe os estereotipos sobre as avoas.Nina e Tita son dúas avoas moi distintas ás que aparecen nos contos. Non camiñan con bastón nin quedan na casa tecendo: unha sempre anda ás présas; fai dieta e vai á piscina; a outra móvese en bicicleta; cociña á grella e practica ioga. «Será entón que os libros están errados?»; pregúntase a protago...
    En stock

    14,50 €

  • FLOP E O LAGO
    FLOP E O LAGO
    DUBUC, MARIANNE
    As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unha gran valentía.Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentres eles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Está seguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atreve a nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunha incrible aventura que o ...
    En stock

    18,00 €

Otros libros del autor

  • A BRUXA REGAÑADENTES
    A BRUXA REGAÑADENTES
    MEROTO, TINA
    Tres irmáns, desatendendo as advertencias danai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso,onde calquera cousa pode suceder. O máispequeno, temeroso e consciente do perigo,trata de avisar os dous máis vellos, perocando ten que tomar unha decisión acaba poracompañalos.Como non saben o camiño de volta, decidenentrar na casa da bruxa, onde cheira a comida?Conto de medo da tradició...
    Disponible en 1 semana

    15,90 €

  • LA BRUJA RECHINADIENTES
    LA BRUJA RECHINADIENTES
    MEROTO, TINA
    Tres hermanos, desoyendo las advertenciasde su madre, se adentran en un bosque oscuroy misterioso, donde cualquier cosa puedesuceder. El más pequeño, temeroso y conscientedel peligro, trata de avisar a los dos hermanosmayores, pero cuando tiene que tomar unadecisión acaba por acompañarlos. Como nosaben el camino de vuelta, deciden entrar en lacasa de la bruja, donde huele a com...
    Descatalogado

    14,00 €