- Editorial:
- AXÓUXERE EDITORA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-941379-4-5
- Páginas:
- 128
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Calíope
LAPSUS
A COMEDIA DE EXISTIR
A inexpresividade social contemporánea, a constante tendencia cara a un progreso xa inasumíbel psiquicamente, o rexeitamento dos lugares miúdos ou dos ámbitos nos que o frugal se expresa; todo iso é síntoma dunha enfermidade, dun mal, dunha psicose colectiva na que o "drama", o "teatro do mundo" (que diría Calderón de la Barca) está comezando a entrar, flutuando nun bucle insistente e obsesivo do que semella imposíbel o regreso, a saída. Lapsus. A comedia de existir, reflíctenos toda esa confusión e patetismo a través dunha oscilación traxicómica na que o absurdo e o sen tino se fan señores da tremoia, da mascarada. A escrita dramática de Alfonso Pexegueiro (Angoares, 1948) desbórdase e condúcenos (máis no calado e subterráneo ca no evidente e manifesto) por toda unha serie de cuestionamentos que teñen á "outredade desprezada" por unha das principais claves; en especial a outredade do neno, tanto a do neno como criatura existente, como a do devir-neno ao que todos estamos abocados.