0
MARUXA

MARUXA

MEJUTO, EVA

15,90 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2016
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-490-6
Páginas:
28
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo de casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.


Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestas sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.

Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos típicos de Polonia (unha especie de raviolis rellenos de carne, verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal e carne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia.


As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal, senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta que manifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unha actitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o ton humorístico que caracteriza todo o relato.

Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a idea orixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada e rimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este texto permite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a música de orixe.

De igual modo, o álbum ilustrado ofrece a mesma anécdota argumental que a canción: a protagonista di que non poder facer o pan porque lle faltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Entón, decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, só que, a modo de escarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadido que isto lle supón a Pepiño.
El vai facendo, un a un todos os recados cada vez máis desmesurados como o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volve faltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura para conseguilo.
Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, que está moi cansa e será a el a quen lle toque, tamén, amasar o pan. Deste xeito, a través do enxeño e do sentido do humor, consegue que Pepiño entenda, por experiencia propia, o inxusto da situación que viviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como o lecer, deben ser cousa de dous. Este é o verdadeiro transfondo da historia: o cambio de actitude de Pepiño respecto de Maruxa, que se evidencia e reforza a través do traballo da ilustradora portuguesa Mafalda Milhões.

A artista portuguesa revela esta evolución do personaxe nas gardas, cuberta, portadiña e páxina de créditos. Nelas, o lector atopa unha contextualización previa e posterior á acción do texto, que realmente se produce nun só día, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propia do amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do día).


Deste xeito, nas gardas do inicio do álbum, pódese ver a unha Maruxa totalmente entregada ás tarefas do fogar, mentres que Pepiño, ocioso, non colabora en absoluto. Un comportamento que se transforma radicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa e axuda a súa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan, que aparece por primeira vez xa cociñado.

As ilustracións de Mafalda Milhões tamén nos aportan información crave dos protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperbólicos, descubrimos con claridade cando están enfadados, tristes, tramando... De igual modo, non faltan nas páxinas deste álbum os detalles, tan característicos na artista lusa, que transportan o lector ao universo da cociña e a tamén a Polonia (muíños, paisaxes e barrios típicos do país polaco). Así como a presenza constante do canciño que os acompaña todo o conto e que acaba sendo, dalgún modo, cómplice da situación.

Ademais, a ilustradora, buscando a complicidade do lector, decide xogar coa descontextualización, tanto nos moitos obxectos e electrodomésticos que podemos descubrir na casa do matrimonio (reconstrución dun fogar tradicional, pero no que hai lavadora, ordenador...) como na propia protagonista. Así, Maruxa, aínda que cociña e limpa, non deixa de ser unha muller actual e moderna, que usa as novas tecnoloxías e loita polo recoñecemento dos seus dereitos.

En todo momento, tanto o texto como a imaxe buscan comunicar unha mensaxe onde o sentido do humor é o protagonista, á vez que pretenden deixar un pouso para a reflexión dos pequenos lectores: saber poñernos na pel do outro nos axuda a ver as cousas desde outra perspectiva, empatizar cos demais e, consecuentemente, ser máis xustos e máis solidarios.

Artículos relacionados

  • K-POP
    K-POP
    SIMS, LESLEY
    Descubre el mágico mundo de El vestuario en pegatinas!Acompaña a Yumi, Hana y Gem, aspirantes a estrellas del K-pop, mientras graban su primer single, conocen a sus fans en un festival y buscan los mejores looks para su primera entrevista en directo. También participan las legendarias estrellas masculinas del K-pop del universo El vestuario en pegatinas, Soomin, Kodi y Milo, en...
    En stock

    7,50 €

  • DRAGONES
    DRAGONES
    DICKINS, ROSIE
    Este ingenioso libro de actividades incluye 10 escenas de dragones para decorar con las hojas de foil. Solo tienes que despegar el papel de las escenas para revelar una superficie adhesiva, colocar encima una hoja de foil y, al retirarla, descubrirás un mágico efecto brillante.Contiene 30 hojas de foil en una gran variedad de colores, como azul metálico, verde, rojo, rosado, do...
    En stock

    8,95 €

  • STAR WARS. ATLAS GALÁCTICO
    STAR WARS. ATLAS GALÁCTICO
    STAR WARS
    ¡Embárcate en una expedición a una galaxia muy, muy lejana!Este atlas completamente ilustrado te guía a través de las batallas épicas y los increíbles mundos del universo Star Wars. El contenido ha sido actualizado para incluir lanzamientos recientes como Star Wars: El ascenso de Skywalker, The Mandalorian y Andor.Pasea por los frondosos bosques de Endor, cruza las arenas abras...
    En stock

    24,95 €

  • DINOSAURIOS
    DINOSAURIOS
    PICKERSGILL, KRISTIE
    Este atractivo libro de actividades invita a dar vida a 10 escenas de dragones que pueden decorarse con las hojas de foil incluidas. Basta con despegar el papel de las escenas para descubrir una superficie adhesiva, colocar encima una hoja de foil y, al retirarla, disfrutar de un espectacular efecto brillante y mágico.Incluye 30 hojas de foil en una amplia gama de colores -azul...
    En stock

    9,95 €

  • MIS PRIMERAS PALABRAS
    MIS PRIMERAS PALABRAS
    BROOKS, FELICITY
    Descubre más de 150 palabras cotidianas en un atractivo libro con texturas en cada página. Este libro de cartón de gran formato es ideal para que los más pequeños aprendan sus primeras palabras, desde "manzana" hasta "cepillo de dientes", de forma sencilla y divertida. Cada palabra se acompaña de ilustraciones grandes, brillantes y llenas de color que captan la atención y hacen...
    En stock

    14,96 €

  • JUEGA CON EL LIBRO DEL CAMIÓN
    JUEGA CON EL LIBRO DEL CAMIÓN
    HULL, SARAH
    ¡Da cuerda al camión y mira cómo cobra vida en este libro y juguete en uno!El camión rojo tiene muchas tareas que hacer. ¿puedes ayudarle? Este libro incluye cuatro circuitos por los que el camión de cuerda puede circular mientras realiza entregas urgentes, ayuda a una familia a mudarse, transporta un castillo hinchable a la feria y lleva cubos llenos de flores frescas al merca...
    En stock

    19,95 €

Otros libros del autor

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    14,50 €

  • A CASA DA MOSCA CHOSCA
    A CASA DA MOSCA CHOSCA
    MEJUTO, EVA
    Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños personaxes. Non cabía ningún mais, e sen embargo... A casa da mosca chosca é unha adaptación realizada a par...
    En stock

    14,00 €

  • OS FÍOS DE BEGOÑA
    OS FÍOS DE BEGOÑA
    MEJUTO, EVA
    A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada. Desde a súa infancia inventando xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade, tecendo redes de amizade ...
    Disponible en 1 semana

    15,95 €

  • ANIMALFABETO (GAL)
    ANIMALFABETO (GAL)
    MEJUTO, EVA
    Os animais, empezando pola araña, vanse preparado para unha viaxe. Pensan nas cousas que precisan: abrigo (os animais cuxo nome empeza pola "A"), bolso (os animais coa "B"), crema para o Sol (os animais coa C)... Cando cada animal está listo, chama polos seus amigos (Abella chama pola avespa, pola Azor, pola Araña...) e van tomando asento... Así pasa con todas as letras do alfa...
    Disponible en 1 semana

    18,95 €

  • QUECO E KIKA
    QUECO E KIKA
    MEJUTO, EVA
    Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado. Mais as boas intencións non sempre son suficientes...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • SEI CANTAR E SEI BAILAR
    SEI CANTAR E SEI BAILAR
    MEJUTO, EVA
    Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa...
    Disponible en 1 semana

    15,95 €