- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1176-059-1
- Páginas:
- 266
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Hoxeéhoxe
MILLENNIALS. UNHA XERACIÓN ENTRE DÚAS CRISES
C. PICO, RAQUEL
A xeración millennial medrou na España que vai ben e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na Champions da economía. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen atrapados nunha sorte de eterna xuventude precaria. Dano colateral dunha sucesión de crises históricas, esta xeración está queimada pola precariedade laboral, o inaccesible mercado da vivenda, por ter que pospoñer unha e outra vez os grandes fitos da vida adulta. E, se miran ao futuro, non son optimistas. Malia todo, a gran conquista millennial é, xustamente, que as relacións, as actividades e as realidades importantes poden ser as que decidan que sexan.