- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-613-5
- Páginas:
- 144
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Costa Oeste
MÍSTICAS. CURSO DO 34
PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS 2026
DOMÍNGUEZ, ÁLVARO
PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL 2026
Corre o ano 1934. Clara Campoamor, a primeira deputada que fala diante do Congreso español, consegue que o sufraxio feminino entre na Constitución. Outra vitoria na loita polos dereitos da muller é de Miranda Xardín, a primeira mística que admiten na Escola de Tambo para Fillos de Breogán, unha institución tradicionalmente masculina cunha longa historia no ensino do oficio de menciñeiro, alta maxia e artes divinatorias.
Cando un estudante aparece asasinado, os rapaces acusan a Miranda de invocar unha moura para cometer o crime no seu nome. Todos, menos un, Nicanor Valiente, marxinado polos seus compañeiros debido aos seus intereses fóra da norma.
Xuntos terán que resolver o misterio antes de que a moura, ou, se cadra, a misoxinia institucionalizada, acabe con eles.