- Editorial:
- FUNDACIÓN LUIS SEOANE
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-948558-2-5
- Páginas:
- 21
- Encuadernación:
- Rústica
NOS DOMINIOS DA URXENCIA. ARTE E SOCIEDADE NA CORUÑA DA TRANSICIÓN (1973-1986).
ARTE E SOCIEDADE NA CORUÑA DA TRANSICIÓN (1973-1986)
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Entre os meses de marzo e xuño de 2019, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Nos dominios da urxencia. Arte e sociedade na Coruña da Transición (1973-1986), un proxecto comisariado por Xurxo Taxes ao redor das manifestacións culturais e artísticas levadas a cabo na Coruña desde os anos previos á morte de Franco ata a entrada de España na Comunidade Europea. A mostra recollía a actividade de colectivos artísticos como Sisga, A Carón, Galga, Novos Fotógrafos Coruñeses e Gruporzán, así como os espazos, oficiais ou non, nos que ésta se desenvolveu, grazas a unha selección de manuscritos, correspondencia, folletos, carteis, publicacións, fotografías, audiovisuais, etc. A presente publicación reproduce fielmente o espíritu do proxecto a través da reproducción de sete láminas da época que fan referencia a aqueles colectivos, acompañadas por textos de Xurxo Taxes, e dun pen drive que reúne as 28 entrevistas realizadas entre os anos 2007 e 2009 por Esferobite aos creadores que participaron na renovación do panorama cultural e artístico da cidade naquel entón.