0
O CREBACABEZAS

O CREBACABEZAS

ARNAL, TXABI / ARNAL GIL, MANU

16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2012
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-387-9
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

O home do crebacabezas sentaba diante do crebacabezas e cambiaba algunha peza de sitio,
engadía ou eliminaba outras…

Xogaba coa vida do pobo todo.
Transformaba alegrías en penas,
penas en condenas.

Con esta formulación inquietante, os irmáns Txabi e Manu Arnal Gil mergúllannos na realidade asfixiante dun pobo atemorizado, cuxos habitantes están a expensas do capricho do home do crebacabezas, un ser tirano e mesquiño que endurece o seu corazón almorzando a diario unha cunca de café cunha cullerada de fel.

O crebacabezas convértese nunha apropiada figura simbólica coa que representar o despotismo absoluto ao que está sometido o pobo (as pezas). Os habitantes do lugar son criaturas desvalidas. Os seus designios están manexados ao antollo dun ser superior, amo e señor das súas vidas, que conta con total impunidade.

Todos tiñan medo do home do crebacabezas. Ninguén levantaba a voz contra o señor. Dunha vez, a señora Lucía protestou e do tellado saltoulle unha tella. A pobre muller chegou ao camposanto enriba dunha burra vella.

Para dar vida a este ser ruín e trasladar a imaxes o desasosego vital dun pobo sometido e atemorizado, as ilustracións de Roger Olmos non podían ser máis acertadas, a pesar da escasa información de partida da que dispuxo: non contaba con ningunha descrición física do personaxe.

“Encántame poder partir de cero”, argumenta con valentía o ilustrador catalán, a mesma coa que se enfrontou á súa primeira colaboración para a colección Q (dirixida a nenos a partir de 8 anos).

Así, neste álbum probou “algo diferente ao resto”. O ilustrador traballou unha superficie cunha textura especial, para logo ilustrar sobre ela, co que logrou uns tons e atmosferas “que non acadara antes”, sempre en óleo e un retoque final en dixital.

Ilustrador e escritores achegaron, nos seus respectivos campos, unha orixinal proposta sobre un tema case inherente á condición humana e que, ao longo da historia, tivo na literatura un dos seus mellores altofalantes de denuncia: o abuso de poder.

No entanto, o relato vai máis aló da denuncia. O crebacabezas é tamén un relato que advirte da existencia dunha xustiza poética, ese castigo que consiste en pagar coa mesma moeda o dano realizado.

As pezas do crebacabezas (os integrantes do pobo) empezan a ter vida propia e a mostrar autonomía para, tomando forma de cabra (animal de carácter), facerlle fronte ao seu verdugo: Unha luminosa mañá, logo dunha noite de vendaval, o home do crebacabezas atopouse cunha estraña sorpresa: as pezas non mostraban a vila, senón a faciana dunha cabra.

Deste xeito, logran que o seu opresor sinta o mesmo desasosego e temor que el xeraba coas súas accións maliciosas e inesperadas. A unidade de todo o pobo é a base do triunfo (como en Fuenteovejuna, de Lope de Vega). É, xa que logo, tamén unha alegación a favor da rebelión ante a tiranía e inxustiza.

Manu Arnal recoñece que a historia empezou a coller forma durante unha etapa na que estaba “moi pendente” de todo o que estaba ocorrendo nas rúas co movemento de indignación cidadá, bautizado como 15M.

O seu irmán admite plasmar neste libro, unha metáfora da sociedade actual, “onde todos somos pezas que debésemos encaixar de forma equilibrada, sen privilexios, tendo en conta o benestar do resto”.

“Desgraciadamente, son demasiadas as persoas que se autoproclaman señores do crebacabezas e deben saber que o poder reside na vontade de cada unha das pezas (o pobo), e non na súa propia. E que simboliza o movemento autónomo das pezas senón a mesmísima revolución?”, proclama Txabi Arnal.

Para representar esta carga simbólica negativa que encerra o señor do crebacabezas, Roger Olmos optou por un ser con roupas escuras e remachadas; aspecto desprezable e rostro escondido, “quizais por algunha deformidade”.

O artista decidiu dotalo de tentáculos e ligalo a un brazo mecánico co que se axuda para desprazarse. “É como un cordón umbilical que o une á súa torre, que forma parte del, así como todos os seres que van aparecendo ao seu ao redor, experimentos medio orgánicos e mecánicos que el mesmo creou”, explica.

En canto ao seu antagonista, a cabra, Olmos considerou “interesante” que en cada unha das súas aparicións fose gañando corpo. Se ao principio son pezas do crebacabezas con forma de carneiro, ao final xa está case completa, “aínda que polas súas veas, o que circula é fel”, destaca como unha información narrativa visual non explicitada no texto. Igual que as moscas, que contan cunha presenza importante en cada aparición da cabra, coma se formasen parte do animal.

“Son un sinal, xa que son os insectos da morte”, indica o ilustrador, quen para remarcar a importancia desta connotación buscou un efecto 3D, “ata hai unha que se ve saíndo do papel”. De ser así, seguro que un lector logra atrapala, tal e como conseguen a historia e imaxes deste álbum.

Artículos relacionados

  • NINA E TITA
    NINA E TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Unha proposta orixinal e chea de humor que rompe os estereotipos sobre as avoas.Nina e Tita son dúas avoas moi distintas ás que aparecen nos contos. Non camiñan con bastón nin quedan na casa tecendo: unha sempre anda ás présas; fai dieta e vai á piscina; a outra móvese en bicicleta; cociña á grella e practica ioga. «Será entón que os libros están errados?»; pregúntase a protago...
    En stock

    14,50 €

  • ROSALÍATE
    ROSALÍATE
    MARTÍNEZ RECAMÁN, UXÍA
    Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. Rosalíate! ...
    En stock

    15,50 €

  • EL LADRÓN DE VARITAS
    EL LADRÓN DE VARITAS
    MAÑAS, PEDRO / SIERRA LISTÓN, DAVID
    Anna Kadabra está esperando una visita muy especial. Se trata de su abuela Ágata, que la ha cuidado desde que era un bebé. Por desgracia, las reglas de su club le prohíben compartir con ella el secreto de su magia. Claro que, al quedarse solas, descubre que también la anciana esconde sus propios secretos…¡y un problema enorme! *** Descubre el mundo de Anna Kadabra y su mágico C...
    En stock

    11,95 €

  • SUBE, SUBE Y SUBE
    SUBE, SUBE Y SUBE
    JADOUL, ÉMILE
    Una historia que une a grandes y pequeños; un álbum ideal para compartir a la hora de irse a dormir.¡Tap; tap; tap! Primero llega el conejito que sube; sube y sube. ¡Bam; bam; bam! Luego el pequeño cocodrilo que sube; sube y sube. ¡Bum; bum; bum! Más tarde el gran elefante; que sube; sube y sube. Luego la ratita y la rana; que quería hacerlo sin ayuda. Todos suben; suben y sube...
    En stock

    16,00 €

  • SOBE, SOBE E SOBE
    SOBE, SOBE E SOBE
    JADOUL, ÉMILE
    Unha historia que une grandes e pequenos; un álbum ideal para compartir á hora de ir durmir.Tap; tap; tap! Primeiro chega o coelliño que sobe; sobe e sobe. Bam; bam; bam! Logo o pequeno crocodilo que sobe; sobe e sobe. Bum; bum; bum! Máis tarde o grande elefante; que sobe; sobe e sobe. Logo a ratiña e a ra; que quería facelo sen axuda. Todos soben; soben e soben pero… Onde irán...
    En stock

    16,00 €

  • NINA Y TITA
    NINA Y TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Una propuesta original y llena de humor que rompe los estereotipos sobre las abuelas.Nina y Tita son dos abuelas muy distintas a las que aparecen en los cuentos. No caminan con bastón ni se quedan en casa tejiendo: una siempre anda deprisa; hace dieta y va a la piscina; la otra se mueve en bicicleta; cocina a la parrilla y practica yoga. «¿Será entonces que los libros están equ...
    En stock

    14,50 €

Otros libros del autor

  • MAGO ROSA
    MAGO ROSA
    ARNAL, TXABI
    Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa: Mago Rosa conseguira facer unha bolsa de coiro que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC! (unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica).Despois de moitos experimentos, o Mago Rosa atopa unha fórmula para satisfacer a súa avaricia ilimitada.Este conto demostra que non hai inimigo pequeno: unha simple árbore e un ave diminuta ...
    Disponible en 1 semana

    15,90 €

  • O MEU PIOLLO E MAIS EU
    O MEU PIOLLO E MAIS EU
    ARNAL, TXABI
    Desde o mesmo título, O MEU PIOLLO E MAIS EU lanza un desafío ao lector, un reto amable e divertido, unha invitación e incitación á súa lectura. E é que o título desta obra pica e incomoda igual que o fan os piollos cando se aloxan nas nosas cabezas. Pero adoita suceder que, en ocasións, o incómodo tamén resulta atractivo.Quen o diría! Un PIOLLO, un bicho tan pequeno, tan moles...
    Disponible en 1 semana

    16,95 €

  • SUPER-A
    SUPER-A
    ARNAL, TXABI
    Es un día como otro cualquiera en la vida de una niña. A ella le gusta imaginar que es una valiente superheroína llamada SUPER-A y convierte su rutina en una sucesión de apasionantes misiones que cumplir. Lo que la niña quizá no sabe es que realmente es una valiente superheroína. Porque un día cualquiera en la vida de una niña puede llegar a ser emocionante, pero también compli...
    Disponible en 1 semana

    14,90 €

  • MUELLES
    MUELLES
    ARNAL, TXABI
    Disponible en 1 semana

    14,90 €

  • LA LADRONA DE SELLOS
    LA LADRONA DE SELLOS
    ARNAL, TXABI
    Caperucita Roja quiere pedir perdón al lobo. Cree que el castigo que recibió de manos del leñador fue excesivo y que no tenía por qué morir. Le ha enviado decenas de cartas hasta la luna, pero nunca recibe una respuesta. El cartero, a quien le ha estado robando los sellos para sus cartas, le explica que sus cartas nunca han llegado al destino, pues no es posible alcanzar la lun...
    Disponible en 10 días

    18,00 €

  • CAIXA DE CARTÓN
    CAIXA DE CARTÓN
    ARNAL, TXABI
    Mamá gastou todos os seus aforros. Comprou un billete para unha embarcación que nos debía levar a unha terra onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran.A tenrura con que se aborda a dobre traxedia de milleiros de inmigrantes que tras arriscaren as súas vidas, atopan rexeitamento e intolerancia no país de acollida, non matiza a amargura da inxustiza que supón loitar ...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €