0
O EXILIADO E A PRIMAVERA

O EXILIADO E A PRIMAVERA

VEIGA, MANUEL

19,95 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
Año de edición:
2004
ISBN:
978-84-9782-202-2
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
19,95 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo.
"O exiliado e a primavera" a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia.

Artículos relacionados

  • LA AÑORANZA
    LA AÑORANZA
    HERNÁNDEZ, SERGIO
    Cuando el amor, la guerra y el tiempo nos obligan a olvidarNada hace imaginar a Julia Ferré que, en la primavera de 1959, la misma en que cumple dieciocho años, conocerá a Bastian Ballard, un traductor francés afincado en el Barrio Gótico de Barcelona que la salva de la persecución de la Guardia Civil en una manifestación contra el régimen.A través de Bastian, que pronto se con...
    En stock

    23,90 €

  • LA HORA ANTES DEL ALBA
    LA HORA ANTES DEL ALBA
    ALLENDE, ISABEL
    LA VERDAD ES DE QUIEN SE ATREVE A VIVIRLAUna historia que habita en las palabras, perdura en el recuerdo y anida en el corazón. Mágica, luminosa, así es La hora antes del alba, la nueva novela de Isabel Allende.En un país oscurecido por la dictadura, Alba queda sola después de la muerte de su abuelo esperando a su primer amor sin saber si ha sobrevivido y si volverá por ella.En...
    En stock

    23,90 €

  • MURCIÉLAGOS DE LA REPÚBLICA
    MURCIÉLAGOS DE LA REPÚBLICA
    DODSON, ZACHARY THOMAS
    UNA CARTA SELLADA. UN AMOR QUE ENTRELAZA PASADO Y FUTURO. UNA EXPERIENCIA DE LECTURA ÚNICA.«Una gloriosa demostración de todo lo que el papel tradicional todavía puede hacer en manos de un genio creativo. Es una locura hermosa y maravillosa.» The Washington Post«Murciélagos de la República es un maravilloso relato de cartas perdidas y halladas, en la línea de J. J. Abrams y Dou...
    En stock

    34,90 €

  • MI PRIMERA BIBLIA
    MI PRIMERA BIBLIA
    DOHERTY, GILLIAN
    Este gran libro, cuidadosamente encuadernado con un acabado muy atractivo, constituye una excelente introducción a las historias más conocidas de la Biblia. Los niños descubrirán 40 relatos del Antiguo y del Nuevo Testamento, adaptados en un lenguaje claro y accesible, acompañados de magníficas ilustraciones que cautivarán su imaginación. Un libro ideal para leer en voz alta y ...
    En stock

    16,95 €

  • EL CASCANUECES
    EL CASCANUECES
    PATSCHKE, STEVE / GOLDHAWK, ZANNA
    EL CASCANUECES COMO NUNCA ANTES LO HABÍAS VISTOLo que podría parecer a simple vista un libro normal se convierte, solo con abrirlo, en un mundo mágico lleno de aventuras, lealtad y sorpresa.Zanna Goldhawk aporta un toque mágico a esta edición pop-up del clásico cuento de E. T. A. Hoffmann, reescrito por Steve Patschke.CON SEIS INCREÍBLES POP-UPS ...
    En stock

    14,90 €

  • LAS CINCO METAS QUE DAN SENTIDO A TU VIDA
    LAS CINCO METAS QUE DAN SENTIDO A TU VIDA
    STRELECKY, JOHN P.
    EL LIBRO QUE CAMIBIARÁ TU VIDAEL FENÓMENO INTERNACIONAL que ha animado a millones de lectores a replantearse su vida y sus prioridadesEl propósito de la vida es vivir una vida con propósito.¿TU VIDA REFLEJA LO QUE REALMENTE QUIERES VIVIR? SI TU VIDA FUERA UN MUSEO, ¿QUÉ VERÍAN LOS DEMÁS?Este libro te inspirará. Cambiará tu vida de forma que aho­ra no puedes imaginar, pero que c...
    En stock

    16,90 €

Otros libros del autor

  • QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    VEIGA, MANUEL
    Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. ...
    En stock

    16,00 €

  • A PARTE QUEIMADA
    A PARTE QUEIMADA
    VEIGA, MANUEL
    En stock

    9,00 €

  • A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    VEIGA, MANUEL
    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade...
    Disponible en 1 semana

    15,60 €

  • PERDER AS BESTAS
    PERDER AS BESTAS
    VEIGA, MANUEL
    A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios.Acompañamos...
    Disponible en 1 semana

    17,50 €

  • QUE SABES DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO?
    QUE SABES DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO?
    VEIGA, MANUEL
    Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria d...
    Disponible en 1 semana

    14,90 €

  • AS MELLORES TENDAS DE MADRID
    AS MELLORES TENDAS DE MADRID
    VEIGA, MANUEL
    «As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria d...
    Disponible en 1 semana

    20,95 €