- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Año de edición:
- 2026
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-8289-807-0
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Cartoné
O FÍO INVISIBLE
TIRADO, MIRIAM
Un dos álbums infantís máis recoñecidos para acompañar as emocións na infancia chega agora en galego.
Nura descobre que do seu embigo sae un fío invisible que a une ás persoas que quere. A partir dese segredo aprende a afrontar situacións habituais como a separación, o inicio da escola ou a ausencia, sentíndose segura e acompañada.
Unha historia tenra e reconfortante sobre o apego e o vínculo afectivo que xa acompañou a milleiros de familias en todo o mundo.
Ideal para ler en familia e tamén na aula, este álbum ilustrado axuda aos máis pequenos a comprender que o amor permanece, mesmo cando non estamos preto.
Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.