- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-990398-7-0
- Páginas:
- 152
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O SILENCIO NON ARROLA
NOIA, ADRIÁN
«A través da ollada de Sara a novela de Adrián Noia articula unha procura que é ao tempo íntima e colectiva. Canda a ela, unha liña de mulleres unidas por esa interrupción: Encarnación, envolta nunha morte nunca explicada; Fina, depositaria dunha memoria que xa non pode expresarse; a nai, que conserva apenas ecos; e Sara, que herda non tanto un relato como a necesidade de construílo. Nesa cadea recoñecemos unha das dimensións máis fondas da memoria histórica: non só o que foi silenciado, senón o modo en que ese silencio se transmite, se incorpora, se fai corpo. A historia familiar convértese nunha vía de acceso a unha realidade máis ampla, a da violencia e a represión que marcaron a posguerra, e tamén das súas consecuencias prolongadas no tempo, porque o que non foi contado non desaparece: transforma as relacións, condiciona as identidades, instala preguntas que reaparecen xeración tras xeración.
A literatura convértese así en espazo de restitución simbólica e acada unha fonda dimensión ética: non reconstrúe o pasado, mais abre un espazo no que o que ficou fóra do relato pode, cando menos, ser convocado.»
(
)
«Mais se algo define con intensidade este libro é a súa atención á soidade, presente e pasada, como unha forma radical de desamparo.»
(Prólogo de María López Sández).