- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA, EDITORA INDECISA
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-127852-9-6
- Páginas:
- 182
- Encuadernación:
- Rústica
OS ANTROPÓLOGOS
SAVAS, AYSEGÜL
Asya e Manu viven xuntos nunha gran cidade dun país que non é o seu. A súa vida é sinxela e alegre. Ela recibiu unha bolsa para rodar un documental, polo que cada mañá vai gravar a vida nun parque próximo, e el traballa nunha organización internacional sen ánimo de lucro. De cando en vez concédense algún capricho: mercar pasteis para o almorzo, ver do tirón dous capítulos dalgunha serie de detectives que non sexa nin moi truculenta nin moi amable, comer luras fritas fóra da casa, tomar xerras de viño nalgún bar decadente co seu amigo Ravi Un día, porén, a Asya éntralle un medo repentino. E se non están a vivir segundo as regras? E se chegou a hora de asentaren dunha vez as súas vidas? Logo de trasladarlle o seu medo a Manu, este asente e deciden buscar un piso para mercar. Os Antropólogos é unha novela encantadora sobre a pasaxe á vida adulta; sobre o amor, a amizade e a familia; sobre a identidade persoal e colectiva, sobre o cosmopolitismo e o desarraigo; sobre a felicidade real e a felicidade finxida, sobre a presión de ter que decidir e non poder abranguelo todo Unha novela, en definitiva, sobre a vida m