- Editorial:
- AIRA EDITORIAL
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-991795-6-9
- Páginas:
- 288
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
OS FABULADORES
CARNERO, JOSÉ IGNACIO
En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose entre as súas palabras, os seus recordos e as súas fabulacións. Unha novela fascinante sobre o heroísmo e a ficción.
«Carnero fai aflorar a beleza nos momentos máis inesperados. Dá igual se é imposible advertila, el créaa onde non a hai. É a esencia da literatura», Juan Tallón.