- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-8487-541-3
- Páginas:
- 245
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
AS PEGADAS DA EMIGRACIÓN DO VALADOURO NA HABANA
VIVEIRO MOGO, PRUDENCIO
En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nos concellos de Alfoz e O Valadouro. Entre 1921 e 1933 esta sociedade inaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente á construción doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.
Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega a través do caso do Valadouro como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construción nacional