- Editorial:
- FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS
- Año de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-616-0325-1
- Páginas:
- 51
- Encuadernación:
- Rústica
OS LONXES DO SOLPOR
MANUEL MARÍA
Esta publicación contén un LIBRO + CD + DVD. Tres formatos distintos para rozar a nosa intimidade e voar cara as incertas néboas do futuro deixándonos guiar por Manuel María. Os lonxes do solpor, un magnífico libro, o último poemario inédito, no que se mostran, con intensidade lírica, o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente. Andando a Terra, un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción, que agora interpreta ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano. De amor e cantería, vídeo de Pixel Films, sobre guión de Anxa G. Refoxo, que traduce en imaxes e son os Sonetos á Casa de Hortas de Manuel María e que mereceu o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental do ano 2011.