- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Cociña e técnicas culinarias
- ISBN:
- 978-84-9151-260-8
- Páginas:
- 116
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
RECEITAS PEQUERRECHAS
GARRIDO CARAMÉS, ROCÍO
50 receitas para que a cativada da casa se fagan chefs de primeira
Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos. Propostas moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia. Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin. Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, como as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia, nos propón dentro deste gorentoso menú!