- Editorial:
- EL PATITO EDITORIAL
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-938225-4-5
- Páginas:
- 64
- Colección:
- < Xenérica >
SILVANA, A FILLA DO EXPLORADOR. OS ESPÍRITOS AZUIS
MARCO / CASTELLI
Ramón Marcos (Lugo, 1962) é o creador desta historia de aventuras e misterio na que o debuxante amosa os seus espléndidos recursos. A protagonista é a intrépida e afouta Silvana. Seu pai, o famoso explorador Jorge Baena, atópase na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Silvana irá reunirse con el para pasar as vacacións e viaxará acompañada por seu tío Hércules, un xornalista sempre envolto en investigacións de fenómenos paranormais e misteriosos. Mais a viaxe comeza dun xeito accidentado e Silvana e Hércules pasarán antes por Exipto, onde uns estraños demos están a atacar os participantes dunha escavación arqueolóxica. Silvana terá un papel destacado na resolución deste misterio.