- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1110-832-4
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
SÓ OS MORTOS SABEN A VERDADE
PREMIO LUEIRO REY DE NARRATIVA
GUZMÁN, ÓSCAR M.
A morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta. Elixio, amigo inseparable da mocidade e desaparecido durante máis de cincuenta anos, chegara a Vilamarín de forma inesperada uns meses antes para avivar recordos que o vello taxista cría xa enterrados.
Cando aparece Alfredo Torres, detective de seguros encargado de investigar as circunstancias do accidente, Secundino vese obrigado a reconstruír a historia compartida co amigo: unha estraña relación marcada por lealdades rotas, segredos nunca confesados e unha sombra que os acompañou durante toda a vida.
Durante un quilómetro de conversa, Secundino descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.