- Editorial:
- RODOLFO E PRISCILA, EDITORA INDECISA
- Año de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-991705-3-5
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Rústica
TODOS AÍNDA AQUÍ
LIADAN NÍ CHUINN
Os seis contos de Todos aínda aquí transcorren baixo a sombra da violencia política no norte de Irlanda e exploran as formas en que o pasado histórico continúa poboando o presente íntimo dos seus inesquecibles e singularísimos personaxes. O eco dos medos herdados, dos silencios familiares e das identidades en disputa resoa en cada unha das historias de Liadan Ní Chuinn, quen, cunha prosa austera, exacta e chea de personalidade, é capaz de compoñer unha obra delicada e feroz ao mesmo tempo, onde o persoal e o político se entrelazan de xeito brillante. Un debut literario extraordinario que, segundo The Irish Times, debe ser considerado un dos grandes fitos da literatura irlandesa do século XXI.