- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2007
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-935122-9-3
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
UNHA CASA A MEDIDA
KULOT, DANIELA
A estatura non ten por que ser un problema insalvable nesta peculiar parella de namorados. Ao plantexarse a convivencia, terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous. Esta fábula moderna achégalles aos máis novos conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto, con grandes doses de humor e moito colorido.
Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta.
Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño.
Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros.
Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados...
Os protagonistas deste relato son unha atípica parella
de namorados que vencen -a base de enxeño e un chisco de humor- as dificultades que lles plantexa a convivencia. Porque as trabas que poden supoñer uns cantos centímetros de diferenza de estatura entre ámbolos dous son ampliamente superables coa forza do cariño. Unha das primeiras probas que han de superar é atopar unha casa para os dous, cómoda para as súas respectivas necesidades. A solución, deseñala a medida... Tras Crocodilo namorado e Unha parella diferente, FAKTORÍA K presenta o terceiro título dunha serie de álbums protagonizados polos personaxes de Crocodilo e Xirafa, aos que segue Unha familia normal. Outros traballos seus son Leopoldo e Casilda, Co dedo no nariz e Que leria de cordóns!.
A obra de Daniela Kulot ten unha grande aceptación
entre o público infantil por aspectos tan importantes
como a elección dos personaxes, case sempre identificados con animais humanizados; a variedade cromática das súas ilustracións e os temas que expón nos seus libros: historias baixo as que subxacen mensaxes de moita utilidade para a aprendizaxe e a formación en valores dos lectores.
Así, nesta fábula moderna, a moralexa fala tamén
de tolerancia, respecto aos demáis e aceptación
das diferenzas.