- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-289-3
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
UNHA PARELLA DIFERENTE
KULOT, DANIELA
Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradable impresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dos seus conveciños, grandes e pequenos. E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non o pensaron dúas veces cando un repentino percance puxo en perigo a unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaron vidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.