- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2011
- Materia
- Lectores iniciais, de 7 a 9 anos
- ISBN:
- 978-84-9914-108-4
- Páginas:
- 56
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Merlín
VERBAS DE SAL
GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas. Vilamollada tamén ten unha taberna, unha escola e unha biblioteca pechada, e? o seu tolo. Si, Vilamollada ten o seu tolo como todas as vilas. Ou iso din algúns.
Don Evaristo, que así se chama o suposto tolo, vive só nun cuarto alugado da Pensión Malola, unha das máis cutres de Vilamollada.