- Categoría:
- Axendas, Dietarios, Recambios
- EAN:
- 8437017132073
AXENDA 2020, BAIA. A5, DP. (160 X 230 MM)
A Axenda 2020 de Baía Edicións vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios.
Das súas características físicas, que rompen coa rixidez tradicional destes produtos, destaca a flexibilidade, e respecto co medio, da súa cuberta de cartón, orixinalmente ilustrada cun motivo da nosa simboloxía prehistórica, a práctica e eficiente goma de pechamento e un cómodo marcador téxtil interior.
Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.