0
XOGO, OZOCOGZ. VACALOURA

XOGO, OZOCOGZ. VACALOURA

 

48,00 €
IVA incluido
Disponible en 2 semanas
Categoría:
Xogos de Lóxica
EAN:
0650414566755
48,00 €
IVA incluido
Disponible en 2 semanas
Añadir a favoritos

APRENDE GALEGO XOGANDO!
VACALOURA é un xogo de mesa no que, ademais do obxectivo básico de entreter e divertir, común a toda actividade recreativa, se busca dun xeito ameno e, ás veces desafiante, aprender, practicar e mellorar coñecementos sobre lingua galega.
O xogo é unha das formas máis divertidas de aprender un idioma. Asimilar conceptos e termos dunha lingua, sobre todo se esta non é a nosa, require de grandes doses de esforzo e constancia.
VACALOURA consta de 500 tarxetas-pregunta cun total de 2000 preguntas diferentes e miles de palabras dos máis variados significados, o que o converte nun xogo de mesa apto para todas as idades e niveis de coñecemento do idioma. Escollendo as preguntas poderemos adaptar este enredo ás crianzas converténdoo nunha ferramenta dinámica coa que aumentar o seu vocabulario.
Este xogo serve tanto para galegofalantes cuxo único obxectivo é o simple entretemento e desafío entre amigos, como para aquelas e aqueles que se estean achegando ao noso idioma como neofalantes, ou como estudantes autodidactas ou formando parte do ensino regrado.
Por suposto que, se queremos sacarlle o cento por cento de rendemento ao xogo, o ideal é que as discusións, conversas, dúbidas, etc. que se manteñan mentres se desenvolven as partidas, se fagan en lingua galega. Desta maneira converteremos a teoría de moitas das cuestións contidas nas tarxetas en práctica lingüística.
Un dos propósitos deste xogo é, na medida do posíbel, o de tratar de contribuír á eliminación de castelanismos da fala, quizais o maior problema á hora de recuperar a pureza do noso idioma. A dificultade é maior nunha sociedade que está a abandonar con moita rapidez o mundo rural para trasladarse ao urbano, moito máis castelanizado e afastado dos métodos tradicionais de vida que o caracterizaron, coa conseguinte perda dun vocabulario inmensamente rico que se foi transmitindo de xeración en xeración, ao longo dos séculos, dun xeito natural e con poucas interferencias externas.
A chegada do progreso sempre é positiva cando contribúe á mellora da calidade de vida das persoas, mais este progreso trouxo tamén consigo a aceleración do proceso “desgaleguizador” da fala. Produtos manufacturados provenientes de fóra de Galiza, os novos medios de información, nomeadamente radio e televisión, xunto cunha escolarización obrigada (en castelán) para toda a poboación foron substituíndo na fala o noso léxico polo do castelán até o punto, en moitos casos, de ser máis “natural” para as e os falantes a forma espuria que a propia, considerada, esta última, polos propios utentes da fala de “galego inventado”.
Por tanto, con esta finalidade de eliminar castelanismos, en VACALOURA vas atopar un importante número de preguntas que parten do castelán para aprender palabras en galego. Son as preguntas que comezan por EN CASTELÁN xxxxxxxxx, EN GALEGO?
En VACALOURA atoparás preguntas sobre léxico, ortografía, gramática, verbos, xentilicios, toponimia, neoloxismos, hiperenxebrismos, linguaxe administrativa, linguaxe inclusiva, etc., etc., etc.
A lingua empregada no xogo está adaptada ás Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en xullo de 2003. O mesmo acontece co léxico recollendo as palabras recollidas do Dicionario da Real Academia Galega, sabedores de que o galego é unha das linguas máis ricas do planeta e, por tanto, con infinidade de variantes para unha mesma palabra dependendo das diferentes zonas e das variedades lingüísticas de Galiza.

CONTIDO
A caixa do xogo VACALOURA contén:
1 taboleiro
6 peóns
1 dado
500 tarxetas-pregunta
20 tarxetas-sorte
1 manual de instrucións

OBXECTIVO DO XOGO
Rematar en primeiro lugar o percorrido dende a casa de saída até o hexágono central do taboleiro -onde figura a palabra VACALOURA- respondendo atinadamente as cuestións das tarxetas-pregunta que foren xurdindo durante o percorrido.
AS TARXETAS-PREGUNTA
Cada tarxeta-pregunta ten 4 preguntas numeradas do 1 ao 4, cuestións que se farán aos e ás participantes previa escolla destes, é dicir, o xogador ou xogadora antes de responder, e sen ter coñecemento das preguntas da tarxeta, deberá escoller e dicir en voz alta un número entre o 1 e o 4, esta será a pregunta que deberá responder.
Nas tarxetas, as respostas correctas están en cor vermella. Naquelas preguntas nas que haxa varias posibilidades de resposta, por figuraren varios sinónimos ou varias posibilidades de resposta correcta nas mesmas, bastará con dicir unha desas opcións. Para facer máis ameno e máis instrutivo o xogo recomendamos que, despois de responder a ou o participante, se lean todas as posíbeis respostas correctas.
Reiteramos que no xogo están as formas oficiais e normativas recollidas no Dicionario da RAG, é posíbel que as e os participantes coñezan outras maneiras de dicir unha palabra ou outro xeito de chamar a algunha das cuestións propostas neste xogo, diferentes da oficial. As e os xogadores son libres de decidir se se admiten variedades dialectais ou nomes que, aínda que non figuren nos dicionarios sexan de uso cotiá en determinadas zonas de Galiza.
Recoméndase ter un dicionario a man, ben sexa en papel ou na súa forma dixital https://academia.gal/dicionario
AS TARXETAS-SORTE
Son 20 tarxetas cuxo uso incide directamente no adianto ou retroceso dos peóns polo taboleiro. Teñen o reverso de cor azul escura, cóllense do mazo situado no taboleiro cando o peón se sitúa en calquera das casas representadas con TREVOS. Existen 3 tipos de tarxetas-sorte, FIGA, MEIGALLO e SORTE.
O TABOLEIRO
O taboleiro está dividido en 97 casas (contando a de CHEGADA), entre elas está indicado con pequenas frechas a dirección a seguir polos peóns dende a súa casa de SAÍDA até a CHEGADA (o hexágono central coa palabra VACALOURA). As casas do círculo exterior (de cor branca) son comúns a todas e todos as xogadores, é dicir, poden coincidir nunha mesma casa peóns de diferentes cores; as outras, que se corresponden coa cor de cada participante, son de uso exclusivo para estes. Cada xogadora ou xogador deberá facer un percorrido de 42 casas, dende a casa coa vacaloura da súa cor até a casa de CHEGADA.
No círculo central hai unhas casas con debuxos de TREVOS, ao situármonos en calquera delas deberemos coller unha tarxeta-sorte do mazo.
FINAL DO XOGO
Será gañadora ou gañador do VACALOURA a persoa que primeiro complete o taboleiro respondendo atinadamente 3 das 4 preguntas finais.
POSÍBEIS DÚBIDAS
Como en case todos os xogos, sexan de mesa ou doutro tipo, poden xurdir dúbidas non aclaradas ou non explicadas nas instrucións. Nese caso as persoas participante deberán establecer as normas segundo mellor lles conveña para o desenvolvemento da partida.
Dimensións da caixa: 235x235x70mm.

Artículos relacionados

  • 4 EN RAIA, ALLDORO. 4 EN RAIA XL
    4 EN RAIA, ALLDORO. 4 EN RAIA XL
    Contiene 42 grandes fichas en dos colores.Dimensiones del embalaje: 74,4 x 4,8 x 49,6cm.Dimensiones del producto: 73 x 49 x 72,5cm.Dimensiones de cada ficha: 7,5cm diámetro.Fabricado en plástico resistente a la intemperie.Sus dimensiones extragrandes lo convierten en el juego perfecto para disfrutar en grupo, ya sea en el aula o en el patio, ofreciendo una experiencia de juego ...
    En stock

    110,00 €

  • PLUMA, CROSS. CENTURY II MEDALIST
    PLUMA, CROSS. CENTURY II MEDALIST
    La pluma estilográfica Medalist de la colección Century II es una pieza clásica evocadora de la antigua grecia olímpica. Con el cuerpo cromado y pulido y todos los detalles (bandas horizontales separadoras, clip y tope cónico) bañados en oro de 23 quilates. Igualmente el plumín, de acero inoxidable de especial resistencia, está bañado en oro de 23 quilates. Las legendarias piez...
    En stock

    144,99 €

  • CARTULINA, CANSON. BLANCA, 50 X 65, 185 G/M
    CARTULINA, CANSON. BLANCA, 50 X 65, 185 G/M
    Cartulina Guarro blanca -50x65 cm -185 gr 200040218(0040218 0409038) , blanco. Cartulina de color, ligeramente satinada y coloreada en pasta con pigmentos sólidos a la luz. Ofrecen dureza y regularidad en su superficie. Para dibujo y manualidades. ...
    En stock

    0,50 €

  • BLOC DEBUXO, LIDERPAPEL. FOLIO, 20 FOLLAS, 180 GR, MICROPERFORADO, SEN MARXE
    BLOC DEBUXO, LIDERPAPEL. FOLIO, 20 FOLLAS, 180 GR, MICROPERFORADO, SEN MARXE
    Bloc dibujo liderpapel artistico espiral 230x325mm 20 hojas 180 g/m2 sin recuadro.20 hojas. 180 g/m2. Papel blanco. Su cuerpo y textura lo hacen adecuado para lápiz, grafito, ceras y colores. Sin recuadro. Microperforado. ...
    En stock

    2,40 €

  • DESTRUCTORA, LEITZ. IQ SLIM HOME OFFICE P4
    DESTRUCTORA, LEITZ. IQ SLIM HOME OFFICE P4
    Esta destructora de Leitz cuenta con un nuevo diseño estilizado y elegante, y es perfecta para todas tus necesidades de destrucción de documentos en la oficina de casa. Tiene un tamaño compacto y estilizado para ubicarla con facilidad; es perfecta para su uso en una oficina doméstica. Dale un toque de estilo a tu oficina doméstica con esta destructora silenciosa, antiatascos y ...
    En stock

    180,90 €

  • LIBRETA GRAMPADA, LIDERPAPEL. SCRIPTUS, A4, 48 FOLLAS, 90 GR., CADRICULADA 6 MM.
    LIBRETA GRAMPADA, LIDERPAPEL. SCRIPTUS, A4, 48 FOLLAS, 90 GR., CADRICULADA 6 MM.
    Libreta liderpapel scriptus a4 48 hojas 90g/m2 cuadro 6mm con margen.Tapa de cartoncillo impreso de 300 g/m2 y plastificado en polietileno brillo 48 hojas. Papel 90 g/m2 de óptima calidad. Muy resistente. No traspasala tinta. Con margen. Colores surtidos. ...
    En stock

    2,10 €