
- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-15699-09-5
- Páxinas:
- 165
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
CONTOS DE CIENCIA FICCION I
LONDON, JACK
Aínda que Jack London sexa coñecido principalmente polas súas novelas de aventuras, a miúdo ambientadas no seu ben coñecido mundo dos buscadores de ouro, na súa breve traxectoria vital destacan importantes traballos no eido da ficción científica, como The Star Rover, A praga escarlata ou O talón de ferro (as dúas últimas publicadas nesta mesma colección).
Aquí presentamos unha escolma de relatos que xiran arredor desta temática, sempre baixo o prisma do autor californiano, a quen, dalgún xeito, podemos considerar como un dos precursores da chamada ficción científica social ou mesmo da ficción científica política. O ton xeral das súas historias, máis que de aventura, é de reflexión sobre o negro futuro que agarda pola humanidade de non frear o avance do capitalismo. Hoxe máis que nunca, non podemos deixar de darlle a razón e de aprender das súas sabias e premonitorias palabras.