0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : < Xenérica > 173 resultados

  • SALCHICHAS PICANTES
    SALCHICHAS PICANTES
    COSTAS, LEDICIA
    A vida no parque é xenial... ata que alguén decide deixar trampas para cans. Gordon come unha salchicha envelenada e Curriño e a súa cuadrilla póñense a investigar para descubrir quen está detrás do terrible acto, mentres adoptan un gato que quere ser can. Quen odia tanto os cans como para envelenalos? Curriño e os seus amigos darán localizado o culpable? E o máis importante: a...

    10,95 €

  • GUÍA ILUSTRADA DO ENTROIDO GALEGO
    GUÍA ILUSTRADA DO ENTROIDO GALEGO
    DOMÍNGUEZ, XABIER / DE EVAN, ALBA
    Dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas. Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras.Prepárate para o mellor Entroido ...

    15,50 €

  • FAMA OU FUGA
    FAMA OU FUGA
    COSTAS, LEDICIA
    Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso. Queira el... ou non.Curriño bota en falta os seus amigos e, aínda que Anxélica é bastante prosma, tamén bota en falta ter preto alguén que lle dea agarimo...

    10,95 €

  • FALSO ANIVERSARIO
    FALSO ANIVERSARIO
    COSTAS, LEDICIA
    Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou Dinamito no seu laboratorio. Vai ser un aniversario imposible de esquecer, sobre todo porque o Outro Barrio aparece ateigado dunhas eirugas de luz que formaban parte do espe...

    13,50 €

  • MORTO DE FAME
    MORTO DE FAME
    EL HEMATOCRÍTICO
    A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa q...

    12,95 €

  • UN GORRO RUSO
    UN GORRO RUSO
    PÉREZ DÍAZ, CLAUDIO / PÉREZ MORATILLA, CLAUDIA
    O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere,...

    16,95 €

  • AI, QUE RISA!
    AI, QUE RISA!
    COSTAS, LEDICIA
    O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organ...

    13,95 €

  • MIÑOCA E COELLO
    MIÑOCA E COELLO
    VEIGA, RAMÓN D.
    Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas... Ou, se cadra, non tanto. ...

    13,95 €

  • O DÍA DOS VIVOS
    O DÍA DOS VIVOS
    COSTAS, LEDICIA
    A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión. Pero, que será o que lles dá medo aos Minimortos? Un vampiro? Un lobishome? Un problema de matemáticas? E o máis imp...

    13,95 €

  • ESCOLA DE SALVAXES
    ESCOLA DE SALVAXES
    COSTAS, LEDICIA
    A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar. Os Minimortos non queren saber nada da escola. O deles é xogar, divertirse, facer trasnadas, pasalo xenial... Por que esta estraña teima en que vaian ao colexio? Esta pand...

    13,95 €

  • CRIANDO MALVAS
    CRIANDO MALVAS
    COSTAS, LEDICIA
    Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible. Por un erro de cálculo, as flores de Petunio empezan a medrar sen control ata se transformaren nunha planta carnívora xigante que só ten unha idea na súa mente: COMER. Os Minimortos ...

    13,95 €

  • BAIXO CERO
    BAIXO CERO
    COSTAS, LEDICIA
    Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada.Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un...

    14,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    14,90 €

  • BENVIDO AO OUTRO BARRIO
    BENVIDO AO OUTRO BARRIO
    COSTAS, LEDICIA
    Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vid...

    13,95 €

  • GUÍA DOS SERES FANTÁSTICOS QUE VIVEN EN GALICIA SEN QUE TALVEZ O SAIBAS
    GUÍA DOS SERES FANTÁSTICOS QUE VIVEN EN GALICIA SEN QUE TALVEZ O SAIBAS
    RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, ANAÍR
    Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes...), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Que habilidades teñen? En que lugares é máis frecuente atopalas? Son perigosas? Neste libro, ademais de coñecer algúns do...

    15,95 €

  • HEARTSTOPPER, 5
    HEARTSTOPPER, 5
    OSEMAN, ALICE
    O Nick e o Charlie están namorados. Por fin dixeron esa pequena palabra: «quérote», e o Charlie xa case convenceu a súa nai para que o deixe durmir na casa do Nick. Quere levar a súa relación un pasiño máis alá... mais será quen de encontrar a confianza que precisa?E agora que o Nick vai marchar á universidade o ano que vén... estará todo a piques de mudar?Este é o quinto volum...

    15,95 €

  • HEARTSTOPPER, 4
    HEARTSTOPPER, 4
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie comeza a sentirse preparado para dicirlle esa palabra: quérote. O Nick sente o mesmo, mais anda con moitas cousas na cabeza: entre elas, saír do armario co seu pai e a posibilidade de que o Charlie teña un trastorno da conduta alimentaria.A medida que o verán dá paso ao ...

    15,95 €

  • VÉNDOCHE UN POEMA
    VÉNDOCHE UN POEMA
    ALONSO, FRAN
    Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexi...

    13,50 €

  • HEARTSTOPPER, 3
    HEARTSTOPPER, 3
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que t...

    16,95 €

  • CARRILANAS BESTIAIS
    CARRILANAS BESTIAIS
    SOUTO, ESTEBAN
    Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros. E dos berros ás risas. Quen gañará a carreira? ...

    13,95 €

  • AS PEDRAS VERDES
    AS PEDRAS VERDES
    FERNÁNDEZ LORENZO, RAFAEL
    Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras...

    14,50 €

  • HEARTSTOPPER, 2
    HEARTSTOPPER, 2
    OSEMAN, ALICE
    O Nick e o Charlie son mellores amigos.O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é.Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia... e sobre si mesmo.Este é o segundo volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman....

    16,95 €

  • POESÍA REUNIDA DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN
    POESÍA REUNIDA DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN
    MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS / ANGUEIRA, ANXO
    A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e pro...

    26,95 €

  • QUEN PRECISA UNHA AVOA?
    QUEN PRECISA UNHA AVOA?
    BARREIRA FREIJE, ANDREA
    Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as súas amigas para levalo a cabo. A conciliación familiar, as ...

    14,90 €

  • HEARTSTOPPER, 1. RAPAZ COÑECE RAPAZ
    HEARTSTOPPER, 1. RAPAZ COÑECE RAPAZ
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos.Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade.Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está máis interesado no Charlie do que calquera deles pensa.Este é o primeiro volume da serie best-séll...

    15,95 €

  • BENVIDO AO EQUIPO
    BENVIDO AO EQUIPO
    COSTAS, LEDICIA
    Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre!Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que ...

    11,50 €

  • EN LOITA CONTRA OS ROMANOS!
    EN LOITA CONTRA OS ROMANOS!
    GOSCINNY, RENÉ / CHOQUET, MATTHIEU / COULON, YVES / ERBIN, JÉRÔME
    Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxinas deste libro, Ideafix e os seus amigos (cans, gatos e mesmo aves) loitan sen cu...

    10,50 €

  • AS PEREGRINACIÓNS A COMPOSTELA
    AS PEREGRINACIÓNS A COMPOSTELA
    ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL
    Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ...

    17,95 €

  • OS SUICIDANTES
    OS SUICIDANTES
    AMEIXEIRAS, DIEGO / GUERRERO, TOMÁS
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia d...

    19,95 €

  • A INCRIBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO
    A INCRIBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO
    RIVAS RAMÍREZ, PAULA
    A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura.Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema ...

    14,50 €


01 02 03 04 05 06