0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Fora de Xogo 143 resultados

  • O CORVO SOBRE A NEVE
    O CORVO SOBRE A NEVE
    MACEIRAS, ANDREA
    Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur.Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, ...

    12,95 €

  • QUERIDAS PANTASMAS
    QUERIDAS PANTASMAS
    DE EVAN, ALBA
    Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso maxín?Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece. ...

    12,95 €

  • ADELINE
    ADELINE
    SOLAR, MARÍA
    Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula.Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa un...

    13,50 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio com...

    13,50 €

  • QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    MACEIRAS, ANDREA
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.Axiña as redes sociais difunden a nova da sú...

    13,95 €

  • DRAGAL V. O SEGREDO DO DRAGÓN
    DRAGAL V. O SEGREDO DO DRAGÓN
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do ...

    13,95 €

  • CARTAS DE INVERNO
    CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontars...

    13,95 €

  • 22 SEGUNDOS
    22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou...

    13,95 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a ...

    13,95 €

  • O CORAZÓN DE XÚPITER
    O CORAZÓN DE XÚPITER
    COSTAS, LEDICIA
    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de es...

    13,95 €

  • UNHA ESTRELA NO VENTO
    UNHA ESTRELA NO VENTO
    COSTAS, LEDICIA
    Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que...

    14,90 €

  • CORREDORES DE SOMBRA
    CORREDORES DE SOMBRA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o mist...

    13,95 €

  • NOITE DE VORACES SOMBRAS
    NOITE DE VORACES SOMBRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de cal...

    13,95 €

  • O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA
    O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    I Premio María Victoria Moreno de Literatura XuvenilPremio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenilObra incluída na Lista de Honra IBBY 20221933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao destino, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: "Liber b...

    12,95 €

  • A MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO
    A MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO
    GARCÍA TURNES, BEATRIZ
    Nadal de 1918. Ao finalizar a Gran Guerra, Atenea Donadieu regresa a Francia para iniciar os seus estudos universitarios. Axiña, a súa intelixencia e os seus coñecementos chaman a atención na Facultade e levan a súa compañeira Olga Aleksandrova a facerlle unha encarga moi especial: debe axudarlle a recuperar un antigo papiro roubado. Deste xeito, Atenea non só lle fará un gran ...

    13,50 €

  • I'M OBÉLIX
    I'M OBÉLIX
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL
    Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa vida: unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista terá que enfrontarse ao descoñecemento e á falta de sensibilidade dun secto...

    13,50 €

  • NAVE
    NAVE
    SENDÓN, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...

    13,95 €

  • A SOMBRA CAZADORA
    A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dific...

    13,50 €

  • POETÍZATE
    POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade.E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos ...

    13,95 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    AQUELES CORPOS NOSOS
    GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima.Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento...

    13,50 €

  • A TRIBO DO MAR
    A TRIBO DO MAR
    PÉREZ, LOIS
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...

    13,50 €

  • FURIA
    FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...

    13,50 €

  • CICUTA PARA DOUS
    CICUTA PARA DOUS
    LEIRA, ROCIO
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do...

    13,50 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empez...

    13,50 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...

    13,95 €

  • UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    DÁVILA, BERTA
    A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social d...

    13,95 €

  • O CONSERXE
    O CONSERXE
    VÁZQUEZ SOMOZA, XOSÉ LUÍS
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio co...

    13,95 €

  • IN MEMORIAM
    IN MEMORIAM
    CARBALLUDE, PEPE
    A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas. Novela de plena actualidade, na que se quere facer xustiza e homena...

    13,95 €

  • SANTOAMARO
    SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...

    13,95 €

  • NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE
    NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE
    NEGRO, CARLOS
    O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sof...

    13,95 €


01 02 03 04 05