0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Merlín 145 resultados

  • ERIN E O LOBO
    ERIN E O LOBO
    ESMORIS, ERICA
    Erin vive no máis fondo do bosque, nunha cabana construída polos seus pais para afastarse da civilización. Nunca viu unha cidade nin un colexio nin outro neno. Un día, o pai regálalle un libro vello e, ao lelo en voz alta, esperta un feitizo: a súa voz de cóxegas sacode o bosque enteiro. Erin faise bosque e o bosque faise nena. As súas palabras chegan a todas as criaturas (o ra...

    12,95 €

  • ESTA É A MIÑA HISTORIA E TERÁS QUE CRELA
    ESTA É A MIÑA HISTORIA E TERÁS QUE CRELA
    ESMORIS, ERICA
    Carola é unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas pal...

    12,95 €

  • SEIS LEIRAS E UN PIANO
    SEIS LEIRAS E UN PIANO
    CASTRO, CLAUDIA
    Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta. Para cantalos e acompañalos con xestos e palmas. Pero tamén para reflexionar sobre o fondo que moitos gardan e comentalos posteriorm...

    12,95 €

  • A ESCOLA ROBOT
    A ESCOLA ROBOT
    FARIÑA, ANXO
    Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot? E se a escola está nunha illa móbil? Pódese crear un robot con forma de gato? Existen as pantasmas con calzóns de cocos? Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico? Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio? Farase... Mmm... caixa forte? Mo...

    12,95 €

  • CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA
    CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA
    LADO, MARÍA
    Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música g...

    12,95 €

  • A BOTELLA DE LENTELLAS
    A BOTELLA DE LENTELLAS
    BARBADILLO, LETICIA
    Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...

    13,50 €

  • RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
    RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
    NOGUEIRA, PABLO
    Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expr...

    13,50 €

  • ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    COSTAS, LEDICIA
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que...

    14,90 €

  • A CIDADE DO ÁTOMO
    A CIDADE DO ÁTOMO
    MISA, IRIA
    Tras a explosión no reactor 4 da plantanuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súaevacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, antea ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás LenaPetrova, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre asrúas e edificios baleiros. Non hai n...

    13,95 €

  • PLAN DE RESCATE
    PLAN DE RESCATE
    YÁNEZ, ANTÍA
    Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco ...

    13,95 €

  • MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA 3. DRAGONETA!
    MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA 3. DRAGONETA!
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós? ...

    13,95 €

  • QUEN ME QUERE ADOPTAR?
    QUEN ME QUERE ADOPTAR?
    CASALDERREY, FINA
    Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: ?¿Qu...

    10,50 €

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    DÁVILA, BERTA

    13,50 €

  • PACO PECO PEQUENEIRO E O LAGARTEIRO MIOPE
    PACO PECO PEQUENEIRO E O LAGARTEIRO MIOPE
    DE TORO, XELIS

    11,95 €

  • QUECO E KIKA
    QUECO E KIKA
    MEJUTO, EVA
    Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado. Mais as boas intencións non sempre son suficientes...

    12,95 €

  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    CASALDERREY, FINA
    Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.O caso é que...

    9,95 €

  • MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS
    MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS
    TOMÉ, ABEL
    Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é construír soños. Coa escusa de que o edificio está estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milú e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os...

    13,50 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistocen...

    13,50 €

  • A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA
    A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos mal que conta coa complicidade da avoa Carmela, con quen vai realizar unha viaxe ao pasado para entender por que se sente así e decatarse de que pertence a unha saga de mulleres...

    13,50 €

  • AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MÁXICOS
    AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MÁXICOS
    ALONSO DIZ, MIGUEL
    A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro. Entra no «Andel secreto» e acompaña a Gabriel e á súa veciña Lucía a coñecer un mundo cheo de maxia que, como comprobarás, está máis preto do que imaxinas. ...

    13,50 €

  • WOMBO COMBO
    WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...

    13,50 €

  • UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    MISA, IRIA
    O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables ...

    13,50 €

  • O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    MEJUTO, EVA
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...

    12,95 €

  • GARABITOLAS
    GARABITOLAS
    BABARRO, XOAN
    Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras. ...

    11,50 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada.Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xe...

    12,50 €

  • UNHA NOVA DIMENSIÓN
    UNHA NOVA DIMENSIÓN
    IGLESIAS, ANXO
    A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de c...

    13,95 €

  • SOMOS OS MONSTROS
    SOMOS OS MONSTROS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que...

    13,50 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...

    13,95 €

  • DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DÁVILA, BERTA
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun lib...

    12,95 €

  • O NENO DE LUME
    O NENO DE LUME
    COSTAS, LEDICIA
    Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa ...

    14,50 €


01 02 03 04 05