0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : NARRATIVA 230 resultados

  • AS AUGAS INTERIORES
    AS AUGAS INTERIORES
    RIESTRA, BLANCA
    A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergullador...

    17,95 €

  • CONTA, SHEREZADE
    CONTA, SHEREZADE
    DE TORO, SUSO
    Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos na...

    17,95 €

  • O CLAN DAS BARBIES
    O CLAN DAS BARBIES
    YÁNEZ, ANTÍA
    Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía qu...

    19,95 €

  • AS DESPEDIDAS
    AS DESPEDIDAS
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    «O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silen...

    17,95 €

  • DETECTIVE FERRUCHI
    DETECTIVE FERRUCHI
    VILLAR, MAR
    Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste cri...

    21,95 €

  • TRAS DO CEO
    TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na s...

    19,95 €

  • PEL DE CORDEIRO
    PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...

    19,95 €

  • O INCENDIO
    O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece.Cunha voz ...

    18,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...

    18,95 €

  • GOLPES DE LUZ
    GOLPES DE LUZ
    COSTAS, LEDICIA
    Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón en...

    19,95 €

  • NON HAI NOITE TAN LONGA
    NON HAI NOITE TAN LONGA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. E...

    19,95 €

  • A VIAXE DE GAGARIN
    A VIAXE DE GAGARIN
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela...

    20,95 €

  • SOL DE INVERNO
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemá...

    26,95 €

  • AGOSTO DO 36
    AGOSTO DO 36
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o ...

    19,50 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMANN
    Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu da...

    14,50 €

  • O CLUB DA CALCETA
    O CLUB DA CALCETA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspect...

    19,95 €

  • O LAPIS DO CARPINTEIRO
    O LAPIS DO CARPINTEIRO
    RIVAS, MANUEL
    O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mi...

    19,50 €

  • ATUADO NA BRAÑA
    ATUADO NA BRAÑA
    QUIROGA, XABIER
    Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometer...

    25,95 €

  • ONDE NACEN AS BESTAS
    ONDE NACEN AS BESTAS
    FEIJOO, PEDRO
    Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos...». «Onde nacen as bestas» é unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, ...

    23,50 €

  • PIFOSTIO
    PIFOSTIO
    L. PARÍS, SAMUEL
    O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor. Nada ten sentido. Todo ten sentido. É o Pifostio. ...

    17,50 €

  • ATA QUE A MORTE NOS SEPARE
    ATA QUE A MORTE NOS SEPARE
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimill...

    19,95 €

  • DOCE VOZ DE MEGAFONÍA
    DOCE VOZ DE MEGAFONÍA
    CONSTELA, XESÚS
    Logo de que o Supremo Alcalde Maior decrete o confinamento dos habitantes do Centro Comercial no interior das súas vivendas por mor da aparición dun maléfico virus sobre o que non se dá nin a máis mínima explicación, só unha persoa, un tal D.R., descendente dunha familia que leva varias xeracións instalada no lugar, empeza a sospeitar acerca de cousas que non comprende, e comez...

    17,95 €

  • INDOLENTE
    INDOLENTE
    MANCEBO SOTO, ALBERTO
    Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistem...

    17,95 €

  • OS ANOS TRANQUILOS
    OS ANOS TRANQUILOS
    PEROZO PORTEIRO, LLERENA
    Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixi...

    19,50 €

  • UN ANARQUISTA
    UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentar...

    17,95 €

  • O LEGADO DA NENA DO SAL
    O LEGADO DA NENA DO SAL
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña.Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se así...

    22,95 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA
    UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....

    19,50 €

  • A FERIDA IMAXINARIA
    A FERIDA IMAXINARIA
    DÁVILA, BERTA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acua...

    18,95 €

  • ESPERTA DO TEU SONO
    ESPERTA DO TEU SONO
    RONTANO, LOLA
    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da paul...

    19,50 €

  • GALVÁN EN SAOR
    GALVÁN EN SAOR
    CABANA, DARÍO XOHÁN
    O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas.Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleires...

    19,50 €


01 02 03 04 05 06 07 08