0

Búsqueda de Editorial : EVEREST GALICIA / Colección : LER É VIVIR 37 resultados

  • CATUXA QUERE SABER MÁIS
    CATUXA QUERE SABER MÁIS
    BLANCO, CONCHA
    Xa coñecedes a Catuxa e a boa relación que mantén co seu avó. A súa curiosidade non ten límites e son moitas as preguntas que se fai sobre todo o que a rodea. Grazas a elas, Catuxa descobre que aprender tamén pode ser divertido cando se teñen como aliados aos contos e a alguén que nos guíe nese camiño de emocións.Non se aprende memorizando, apréndese utilizando a imaxinación ao...

    7,50 €

  • A AVENTURA DOS NÚMEROS, 3
    A AVENTURA DOS NÚMEROS, 3
    DÍEZ TORÍO, ANA MARÍA / ESTÉBANEZ ESTÉBANEZ, AURORA / CALVO ROJO, MARÍA DEL CARMEN
    Obxectivo xeral: estimular a capacidade lóxico-matemática para razoar, experimentar e construír unha base sólida sobre a que sustentar todos os coñecementos. Nº 3. Números 5, 6 e repaso. Descomposición, relacionar, tantos como, un máis, situacións problemáticas e avaliación. ...

    6,00 €

  • O MONSTRO DAS PROFUNDIDADES
    O MONSTRO DAS PROFUNDIDADES
    UHIA, MANUEL

    8,00 €

  • ANIMALARIO
    ANIMALARIO
    GARCÍA, XOSÉ LOIS
    Os animais vístense de verso nestes poemas dirixidos aos nosos lectores máis novos.Trátase dunha viaxe cara a un dos lugares que máis debemos coidar e respectar: a Natureza.Un canto que convida a que todos os seres vivos camiñemos da man durante a nosa existencia.Sen dúbida, este "Animalario" infantil ha espertar sentimentos que, ás veces, semellan adormecidos e precisan da lit...

    7,75 €

  • LETRAS DE XEO
    LETRAS DE XEO
    PERELEDI (PERE TOBARUELA, LEDICIA COSTAS)
    Unha noite de tronos e lóstregos, Lois, o fillo do conserxe do CEIP do Piñeiro, atopa cinco letras que semellan de xeo e coas que só se pode formar unha palabra con sentido: "Crime". Velaquí o principio dun asunto que, co paso dos días, acadará dimensións insospeitadas e certamente incribles, ás que Lois se terá que enfrontar coa axuda de Xela, unha compañeira de escola; e mais...

    8,25 €

  • CATUXA QUERE SABER
    CATUXA QUERE SABER
    BLANCO, CONCHA
    Os nenos de agora, coma os de sempre, senten degoros por saber cousas que procuran a través dos máis grandes.Catuxa, de cinco anos, é unha desas rapazas que, en parte pola boa relación que mantén co avó, aprende cada día. El nárralle "contos cativos" que a fan rir. Ten amigos no colexio, pero tamén xoga cos paxaros, coas formigas e coa xirafa de trapo.Os seus lentes que, nun pr...

    7,50 €

  • DO A AO Z CON... MANUEL MARÍA
    DO A AO Z CON... MANUEL MARÍA
    GARCÍA, XOSÉ LOIS
    Un novo libro da serie dedicada aos nosos clásicos, cuxa visión do mundo chega aos lectores máis novos na voz de autores contemporáneos que, co paso do tempo, tamén pasarán a formar parte desa lista de elixidos desa lista de clásicos de lectura imprescindible.Xosé Lois viaxa, a través das letras do noso abecedario, polo universo literario do tamén coñecido como autor da Terra C...

    8,00 €

  • DO A AO Z CON... CASTELAO
    DO A AO Z CON... CASTELAO
    BLANCO, CONCHA / MANEL CRANEO
    A autora, da man de Castelao, viaxa a través das letras desde Arxentina ata Galicia? Galiza, como el adoitaba chamarlle e onde elixiu descansar para sempre.Como peregrinos, imos reparando devagar nos obxectos, persoas, animais, profesións, sentimentos, interrogantes, valores, pinceladas, espazos? cos que Castelao foi tecendo a súa obra literaria, artística e de compromiso coa t...

    8,25 €

  • DO A AO Z CON... CABANILLAS
    DO A AO Z CON... CABANILLAS
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    As palabras esenciais e fondas de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis polifacéticos, son testemuñas da historia e dos soños; fálannos dun tempo de mudanzas e de loita pola identidade e polos dereitos básicos. Pero tamén lembran as raíces na aldea e no mar, a paisaxe de Cambados, as lendas artúricas, os grandes temas clásicos, o Alén... ...

    8,25 €

  • ANTÓN
    ANTÓN
    CARLEONE, MARIA
    Antón vive en Faxilde rodeado de xente que lle quere moito. Sabe que non naceu da barriga da súa mamá; por iso, utilizando a súa potente imaxinación e a súa extraordinaria capacidade narrativa, fabrica o seu propio conto buscando as respostas que necesita aos seus catro anos. Quere esas, non outras. No medio da súa necesidade de saber, xorde a súa necesidade de observar o mundo...

    7,50 €

  • SALVATORE
    SALVATORE
    CARLEONE, MARIA
    Salvatore desexa vivir cos seus pais, que traballan e viven en Roma. El vive nunha granxa en Faxilde rodeado de toda especie de cachorriños, coma el. O seu coello Miguel é o seu mellor compañeiro. Cando sexa maior, será veterinario "planetario" pero antes ten que resolver un problema cun cueiro voador que entra ao seu cuarto cada noite e se mete dentro do seu pixama sen lle ped...

    7,50 €

  • LARA
    LARA
    CARLEONE, MARIA
    Lara é a única escritora do mundo que aínda non sabe escribir... nin pintar mans.O seu pai regaloulle unha gravadora "para que non perda as súas verbas cargadas de contos". Con este aparello e con todo o que atopa ao seu redor que lle sirva para ilustrar, introdúcenos no proceso creativo dun dos seus contos. Ata ese momento ningunha das súas protagonistas ten mans, feito que co...

    7,50 €

  • CHRYSTYAN MAGIC. ATRAPADO NA TORRE
    CHRYSTYAN MAGIC. ATRAPADO NA TORRE
    FERNÁNDEZ, ANA / BABARRO, XOAN
    Chrystyan Magic non é un personaxe de ficción, é alguén a quen moitos de vós probablemente coñecedes e con quen seguro tedes pasado e pasaredes momentos inesquecibles de emoción e de ilusión. Ides somerxervos nunha historia de aventuras, de intriga, de loita por facer realidade os soños... porque todos podemos chegar a ser o que desexemos con esforzo e mantendo viva a maxia que...

    8,25 €

  • ESTA É A MIÑA FAMILIA
    ESTA É A MIÑA FAMILIA
    GONZÁLEZ PEREIRA, MARÍA CRISTINA
    As familias están formadas por persoas e, igual que cada un de nós temos unhas características determinadas que nos fan únicos e especiais, as familias ás que pertencemos tamén posúen uns costumes, unhas crenzas ou unha estrutura diferentes.O respecto, a tolerancia e o cariño son os elos da convivencia e garanten un futuro harmónico e enriquecedor para todos nós. ...

    7,50 €

  • DUNHA VEZ ERA... UNHA MONTAÑA
    DUNHA VEZ ERA... UNHA MONTAÑA
    FERRER, ANXELES
    Llum é o fogar de moitos animais e de moitas plantas. Nunha das súas abas acubilla unha pequena vila á que lle gusta agarimar e protexer. Pero un día esperta a cobiza dos seus habitantes e a montaña, ao ver o regueiro de destrución que os homes deixan ao seu redor, acaba por se converter en terra queimada. Moi lonxe de alí, unha nena soñará con Llum e conseguirá reanimar o seu ...

    7,75 €

  • BOCA DE ARAME
    BOCA DE ARAME
    URCARAY, ALBERTO
    Alicia comparte un segredo co seu diario; aos seus pais non llelo quere confiar por medo a preocupalos ou a complicarlles a vida tan atafegada que levan por mor do traballo.Algo haberá que facer para liberar este segredo e así normalizar a súa vida na escola, que tanto sufrimento lle está a causar polas continuas burlas dalgúns compañeiros. ...

    8,00 €

  • DO A AO Z CON... ROSALÍA
    DO A AO Z CON... ROSALÍA
    FERNÁNDEZ, ANA
    Rosalía, unha das tres coroas da nosa literatura do Rexurdimento, retratou coma ninguén nos seus versos unha Galicia coa que aínda nos sentimos identificados: aires, cantares, estrelas, hortas, namorados, outeiros, pazos... A través de vinte e tres palabras significativas, e confluíndo co léxico rosaliano, a autora deste libro suxírenos un achegamento ao mundo poético da cantor...

    8,25 €

  • DO A AO Z CON... PONDAL
    DO A AO Z CON... PONDAL
    BABARRO, XOAN
    As terras de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra proporcionáronlle a Eduardo Pondal un marco físico, salpicado de castros, onde os piñeiros rumorean míticas fazañas dos celtas valorosos e agoiran un futuro prometedor para os galegos. Este abecedario pandaliano propón unha travesía pola estética do poeta do Himno e polo seu universo máxico poboado de lugares e personaxes: An...

    8,25 €

  • ÉRGUETE!
    ÉRGUETE!
    BAZ, CARMEN
    Son moitas as cousas que facemos ao longo do día e tamén son moitas as persoas coas que compartimos o noso tempo. Na vida, coma nos xogos, debemos aprender e aplicar unha serie de normas se queremos que esta sexa máis agradable e divertida. ...

    7,75 €

  • MEDUSIÑA E FAMILIA
    MEDUSIÑA E FAMILIA
    UHIA, MANUEL
    Medusiña naceu moi lonxe, pero as correntes arrastrárona ata as rías galegas onde agora vive coa súa longa familia. Os seus parentes estarán encantados de abrirvos as portas da súa casa e de contarvos a súa orixe e forma de vida. Non esqueceredes nunca o que ides ver e escoitar sobre estes seres tan fermosos que habitan o fondo do mar. ...

    7,50 €

  • O TARECO DE SARA
    O TARECO DE SARA
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando, un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero... que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos? ...

    8,00 €

  • ENTRE PAPOULAS
    ENTRE PAPOULAS
    CANOSA, MARIA
    Unha comunidade tinguida de cores brillantes e envolta en harmonía. As papoulas non son unhas flores calquera, son moi presumidas pero tamén son sensibles e solidarias cos veciños cos que comparten os meses máis cálidos do ano. Enchen de vida os campos co seu continuo bulebule e gozan das cousas pequenas porque saben que nelas se agocha o segredo da felicidade. ...

    7,75 €

  • CACABORRO
    CACABORRO
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, XAVIER
    Sen pretendelo, Álvaro acaba sendo o único amigo dun vello misterioso ao que os veciños do lugar alcuman Cacaborro e ao que sempre culpan de todas as desgrazas. Álvaro vai superando os receos que lle inspira ese estraño home e, nas sucesivas visitas á casa prohibida, sempre realizadas ás agachadas, coñece e comparte historias e mundos marabillosos, aínda que tamén escenas arrep...

    8,95 €

  • ALIÑAS DE CRISTAL
    ALIÑAS DE CRISTAL
    RIVERA FERNER, MARTA
    Un percorrido pola Natureza nas diferentesestacións do ano, levandocomo guía a caixa de acuarelas deErea, cuxas cores desaparecen unmal día no río por azar. Pero elas nonmarchan definitivamente, só desexanaprender a voar e viaxar polo mundodisfrazadas de bolboretas con ás decristal. ...

    7,50 €

  • RUÍDOS, SOMBRAS E MEDOS
    RUÍDOS, SOMBRAS E MEDOS
    RIVERA FERNER, MARTA
    Coa chegada da noite, o silenciotransfórmase en ruído, xorden sombrasda escuridade e nace en Sabelaun medo inmenso, tan grandecomo a súa capacidade para fantasiar.A imaxinación pode convertersena nosa peor inimiga se nonexiste alguén que nos aprenda adiferenciar o real do irreal. ...

    7,00 €

  • MENTIRAS
    MENTIRAS
    "Polo mar andan as lebres, polo monte andan as troitas; se che parece mentira, como esta haiche moitas!!. Fantasías resucitadas que, dun xeito lúdico, constitúen un bo método para aprender a diferenza entre realidade e ficción. Moitas destas composicións, como é habitual na literatura de carácter oral, van acompañadas de música. ...

    7,50 €

  • PANDAS
    PANDAS
    "Enviolar, enviolar, o que ría ha de apandar". Fórmulas recitadas que guían os xogos de grupo. Grazas a elas, entender as regras que rexen o funcionamento deste tipo de entretementos, que se desenvolven normalmente ao aire libre, resulta moito máis doado. ...

    7,50 €

  • TRABALINGUAS
    TRABALINGUAS
    "Sei dun niño dunha cecigaciña con cinco cecigaciños. Como farei para desencecigaciñara cecigaciña dos cinco cecigaciños?".A sabedoría popular crea diversos trabalinguas co fin de xogar, de rir e de aprender a pronunciar correctamente, para lle tirar o máximo partido á riqueza léxica do noso idioma, exercitando a vocalización ao agrupar sílabas en combinacións pouco frecuentes....

    7,50 €

  • LENDAS DA NOITE DE SAN XOÁN
    LENDAS DA NOITE DE SAN XOÁN
    LABRAÑA, CARLOS
    Na noite de San Xoán celébrase unha das festas máis ricas en lendas, crenzas e costumes da nosa cultura. É unha noite máxica na que todo pode ocorrer, desde desencantamentos de mouras até todo tipo de bromas protagonizadas por bandas de mozos. Por certo, lembrade apañar as herbas de San Xoán, amarralas nun feixe, colocalas nun cazo cheo de agua e deixalas fóra toda a noite. Can...

    7,75 €

  • ARROLOS E RODAS
    ARROLOS E RODAS
    As cancións de anainar ou de berce constitúen un vínculo entre o adulto e o meniño, axudándolle a prender no sono. A entoación e o ritmo silábico destas composicións tranquilizan e acariñan os máis pequenos no seu camiño ao descanso. Coas cancións de roda iniciámonos na literatura a través do xogo, un xogo compartido que nos axuda a relacionarnos cos nosos iguais. ...

    7,50 €


01 02