- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Ano de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-92644-42-1
- Páxinas:
- 118
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
100 ANOS DO HIMNO GALEGO
NEIRA VILAS, XOSE
O 20 de decembro de 1907 naceu na Habana o Himno Galego, por iniciativa do emigrante ferrolán Xosé Fontenla Leal, home lúcido e apaixonado que amaba a súa patria de orixe. Teimaba Fontenla na creación dunha canción patria que identificase a Galicia. Os símbolos nacionais son moi respectados en América Latina. O mozo emigrante vivía nun país que acababa de obter a independencia e procuraba a propia identidade. El cavilaba na súa terra, da que o transplantaran en plena infancia. De primeiras pensou en Curros e Chané, un gran poeta e un gran músico, que daquela andaban enfadados, así que home ben informado, tratándose de Galicia pediulle a Eduardo Pondal e Pascual Veiga o poema e a composición musical que presentaran en 1890 a un concurso do Recreo de Artesanos da Coruña.