- Editorial:
- TEMPO GALIZA EDITORA
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 979-13-990390-7-8
- Páxinas:
- 148
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
50 ANOS. CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ
CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ
GARCÍA NEGRO, MARÍA PILAR / AXEITOS AGRELO, XOSÉ LUÍS / FREIXEIRO MATO, X. RAMÓN
Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non constitúe un conxunto disperso de estudos sobre a realidade cultural, lingüística e histórica de Galiza. Todos eles forman un corpus nutrido por un mesmo fin: «desvendar» a Galiza que aparece agochada ou deturpada para que sexa «outra cousa, non un país negado, autodescoñecido, manipulado e cheo de indignidades e eivas colectivas». Si, unha obra que explica un tempo e constribúe a construír conciencia patriótica galega, porque amosa que Galiza existe, que ten razón de ser e que coñecela é o primeiro paso para afirmala. E Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza reafírmase aquí, con medio século de vida, como ensaio de referencia vital para comprender o pasado e combater a asfixia que está a padecer o galego como lingua propia no act