- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-618-0
- Páxinas:
- 238
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
A ARTE DE NON MORRER (PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2025)
ANTROPOLOXÍA DA LONXEVIDADE GALEGA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, ROBERTO
Galiza é unha das zonas do mundo con máis persoas centenarias que gozan dunha lonxevidade saudable. Para saber o porqué, en A arte de non morrer vaise na procura da evidencia científica, pero non abonda. É preciso sentarse a carón dos maiores e contemplar sen présa o lume lento das súas palabras; só así entenderemos como as claves culturais condicionan de forma determinante as claves biolóxicas. O valor da laboriosidade, o adestramento na resiliencia, a teoría do metasentidiño, o modelo saudade-festa e outros factores que se desenvolven no libro tratan de explicar, en termos de ciencia, o que para os nosos lonxevos foi unha práctica cultural, case unha arte: a arte de non morrer.
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2026