- Editorial:
- XUNTA DE GALICIA
- Ano de edición:
- 2007
- ISBN:
- 978-84-453-4491-0
- Páxinas:
- 356
- Encadernación:
- Rústica
A BATALLA DOS XÉNEROS
A batalla dos xéneros prentende afondar nos discursos, debates, e sobre todo nas representacións xurdidas da práctica artística que teñen como marco temporal a década dos setenta do século vinte. Este conxunto de experiencias, lideradas sobre todo por mulleres artistas, supuxeron unha tentativa de denunciar a opresión machista e de pór en cuestión, e mesmo invalidar, os alicerces da sociedade patriarcal. A través dos textos de Manuel Olveira, director do CGAC; Juan Vicente Aliaga, comisario do proxecto, e das achegas das teóricas do feminismo Amelia Jones, Elisabeth Levobici, Griselda Pollock e María Laura Rosa, esta publicación analiza os froitos da relación entre os o activismo político e a creación artística en marcos xeográficos tan diversos como Latinoamérica, Estados Unidos, Francia ou o Estado español.