
- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-19754-97-4
- Páxinas:
- 96
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
Á HORA SINALADA
CATOIRA, RAFAEL
A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do océano, os emigrantes buscaron en América e logo nos países prósperos da Europa do século XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora económica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da épica de enfrontarse a vivencias alleas á súa idiosincrasia, non soamente souberon vivir coa dignidade do traballo incorporáronse ás novas nacionalidades cunha mimética axeitada, se non que, ademais, foron quen de manter sempre a súa identidade. E volveron. Moitos regresaron. Esta é unha historia de «indianos», os que regresaron á nosa terra dos países de América.