- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-8487-392-1
- Páxinas:
- 91
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
A LOLA
AYÁN DÍAZ, MANUEL
A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.
O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2ª República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o pasado non ausente: polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan á casa nativa para comunicarllelo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática.