- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-16721-40-5
- Páxinas:
- 224
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
A MEMORIA DA ÁRBORE
VALLÈS, TINA
«Son coma dúas pingas de auga», di o avó cando miña nai
e mais a avoa discuten. «Non discutimos, nós sempre falamos
así», responden ambas se llelo botas na cara. E o mellor
que podes facer é deixalas soas. Que son coma dúas pingas
de auga quere dicir, ben sei, que son iguais, díxome meu avó e, deseguido, foise para o despacho dos meus pais e volveu
cun álbum poeirento para ensinarme unhas fotos de cando a avoa tiña a idade de mamá:
Son clons! dixen.
Desde ese día, miña nai e mais a avoa son as cloniñas. Elas non
o saben, é que meu avó e mais eu temos algúns segredos...
«Podo poñerme contento?», pregunta Jan cando lle contan
que o avó Joan e a avoa Caterina van ir vivir con el e cos seus pais. Porque Jan intúe que algo pasa, que o feito de seren cinco na casa non é tan boa noticia. Será un cambio que vai alterar o día a día
de toda a familia; a partir dese momento, as palabras
e os silencios terán novos matices na vida cotiá. Pero o rapaz
ten o seu propio mundo, cheo de paseos, árbores e letras.