- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-427-8
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
A XIRAFA E O RATO
BRENNER, BARBARA
Un clásico sobre a amizade, a colaboración e o valor das diferenzas.
A xirafa e o rato non poderían ser máis diferentes: unha é enorme e o outro, diminuto; unha come follas e o outro, sementes; unha prefire o día e ao outro encántalle a noite. Unha mañá, encóntranse baixo unha árbore e comezan a discutir acaloradamente sobre as vantaxes e os inconvenientes do tamaño. Mais cando se declara un incendio que ameaza con destruír a sabana e pon as súas vidas en perigo, ambos terán que deixar a súa discusión a un lado e unir forzas para salvarse.
Publicado por primeira vez en inglés en 1966, A xirafa e o rato é un clásico contemporáneo sobre a amizade, a colaboración e como as diferenzas poden converterse en fortalezas. Co seu estilo característico, Tomi Ungerer presenta unhas escenas sinxelas, suavemente coloreadas, en que a expresividade dos personaxes se combina con sutís pinceladas cómicas.